Pestanas principais

Aberto o prazo para acceder as axudas que a Deputación de A Coruña outorga ao sector da hostalería e ás Axencias de Viaxes

Mércores, 05 de maio de 2021

O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, informa da liña de axudas, destinadas a autónomos/as e micro empresas do sector da Hostalería e as Axencias de Viaxe, que a Deputación vén de poñer en marcha para os/as profesionais dados de alta en concellos da provincia de A Coruña que teñan menos de 50.000 habitantes. Destínanse 9.000.000 millóns de euros e as axudas repartiranse por rigorosa orde de solicitude. Concederanse 1.500 euros por solicitante. As solicitudes deberán presentarse telemáticamente a través da plataforma SUBTel da Deputación de A Coruña.

A Deputación de A Coruña, a través do PEL-Reactiva, vén de sacar unha liña de axudas destinadas a autónomos/as e microempresas relacionadas coa hostalería, as axencias de viaxes, as salas de festas e as discotecas que teñan o seu domicilio fiscal en concellos da provincia de A Coruña de menos de 50.000 habitantes, como é o caso de Ames. As axudas repartiranse por orde de entradas de solicitudes até o esgotamento do crédito.

Requisitos para acceder as axudas
É imprescindible para poder acceder a estas axudas que tanto as empresas coma os autónomos/as figuren dadas de alta  no IAE, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2021, en calquera dos epígrafes das agrupacións 67 (bares e restaurantes), 68 (hospedaxe), Grupo 755 (axencias de viaxe) e epígrafe 969.1 (salas de festa e discotecas). Tamén se esixe que teñan o seu domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña con menos de 50.000 habitantes.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, pensa que o enfoque destas axudas é idóneo porque vai dirixido a sectores que están sufrindo moito nesta crise: “tanto o sector da hostalería coma o das axencias de viaxes precisan de toda a axuda que se lles poida outorgar posto que o están pasando mal coa pandemia”. A concelleira anima a todos e todas as empresas do sector de Ames a que soliciten as axudas e lembra que non deben demorar en facelo: “As axudas van entregarse por orde de solicitude, así que conmino aos interesados/as a que entreguen o máis axiña posible as súas solicitudes para non correr o risco de quedarse sen elas”.

Cartaz axudas Deputación