Pestanas principais

Aberto o prazo para solicitar axudas para a ampliación e a modernización de empresas non agrícolas

Mércores, 26 de xaneiro de 2022

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas. As subvencións cubrirán un máximo do 45% do gasto realizado para adquirir maquinaria e equipamento en empresas existentes, ou ben para poñer en marcha novas actividades empresariais de carácter non agrícola en aldeas modelo. O prazo para solicitar as axudas está aberto dende hoxe ata o 25 de febreiro de 2022, cuxo trámite debe realizarse en liña a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

A Concellaría de Promoción Económica informa de que a Xunta de Galicia lanzou unha convocatoria de axudas para empresas non agrícolas, destinadas á súa ampliación e modernización mediante a compra de maquinaria e equipamento.

O prazo para presentar as solicitudes está aberto dende hoxe ata o 25 de febreiro de 2022. As persoas interesadas deben realizar o trámite a través da aplicación en liña da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a entidade xestora da convocatoria.

Esta liña de axudas conta cun orzamento de 3 millóns de euros, cofinanciados nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, nun 7,5 % pola Administración xeral do Estado e nun 17,5 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán optar a estes fondos as microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais; persoas físicas que residan nunha zona rural, e titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Para consultar as bases reguladoras ao completo, pódese consultar o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Axudas para investir nas actividades non agrícolas"

Aberto o prazo para solicitar axudas para a ampliación e a modernización de empresas non agrícolas

Multimedia

  • Aberto o prazo para solicitar axudas para a ampliación e a modernización de empresas non agrícolas