- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar, Xuño Lúdico. As inscricións poderán tramitarse dende hoxe, 19 de abril, ata o 3 de maio. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de xuño, en horario de 7:30h a 16:00 horas. O programa está dirixido ás familias empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. As inscricións pódense facer vía telemática a través da sede electrónica do Concello ou de calquera outro rexistro acreditado. Tamén se pode presentar a documentación nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e do Milladoiro. Para esta opción hai que pedir cita previa a través da sede electrónica. Podes descargar aquí a ficha de inscrición.
O Xuño Lúdico forma parte dunha serie de programas de conciliación que o Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, convoca nos períodos de vacacións escolares para axudar ás familias amesás a compatibilizar vida laboral e familiar. O programa, que se basea en actividades que combinan o lúdico co educativo e que favorecen a educación en valores como o respecto, a empatía e a igualdade.
O programa de conciliación Xuño Lúdico está dirixido ás familias empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. O programa desenvolverase en Bertamiráns (CEIP da Maía) e no Milladoiro (EEI Milladoiro e CEP de Ventín).
O Xuño Lúdico permite que as familias inscriban ás crianzas en función das súas necesidades de conciliación, ofertando tamén un servizo de almorzo, que comeza ás 7.30 horas, e outro de xantar, cuxas usuarias e usuarios deberán ser recollidos antes das 16.00 horas. O horario das actividades irá das 9.00h ás 14.30 horas. Desta maneira, as familias poderán combinar servizos e horarios segundo precisen. As monitoras e monitores coidarán das cativas e cativos en todo o momento. Aquelas nenas ou nenos con necesidades especiais contarán coa atención individualizada dun monitora ou monitor durante todo o programa.
Presentación da solicitude de inscrición
Para inscribirse neste servizo, as familias deberán acreditar a súa necesidade de conciliación e estar ao día no pagamento dos servizos municipais ofertados. A documentación poderá ser entregada a través do Rexistro telemático da sede electrónica do Concello de Ames. Outra opción e entregar a documentación xe xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). Para elo hai que sacar cita previa a través da sede electrónica. Tamén se poden presentar as solicitudes en calquera outro rexistro ao que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de procedemento administrativo común das AAPP.
O horario de apertura das dependencias municipais é de 09.00h a 14.00 horas, de luns a venres. O prazo para presentar os documentos remata o vindeiro luns 3 de maio. Para obter máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal do departamento municipal de Educación. Podes descargar aquí a ficha de inscrición.
Documentación necesaria
No momento de solicitar praza, as familias deberán entregar a solicitude de inscrición e o mandato SEPA (que xa está incluído de forma conxunta co impreso de inscrición), debidamente cubertos e asinados. A solicitude deberá entregarse acompañada dos documentos seguintes: fotocopia do libro de familia completo cotexado; fotocopia do DNI da persoa titular da conta; e documentación que indique a ocupación dos pais/nais ou titores/titoras (certificados de traballo, e de ser o caso certificación de estar realizando cursos de formación ou calquera outra que especifique a necesidade de conciliar a vida laboral e familiar).
De ser o caso, haberá que entregar un informe médico que acredite a necesidade de dieta ou calquera outro tipo de tratamento especial. O libro de familia só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no departamento de Educación, ou se producise algún cambio na situación familiar. No caso de ruptura da unidade familiar, deberá traer a documentación que o xustifique. A copia do DNI só se entregará nos casos en que non se tivese presentado no departamento de Educación e siga vixente.
Novas relacionadas:
Compostela 24horas: "Abre o prazo de inscrición para o programa de conciliación Xuño Lúdico"
El Correo Gallego: "Respiro para os pais cun concilia nos colexios que chega en xuño"