Pestanas principais

Abre o prazo de inscrición para os cursos de piragüismo e de natación en xullo

Luns, 14 de xuño de 2021

Do luns 14 ao venres 25 de xuño estará aberto o prazo para inscribirse nos cursos de natación que se imparte, de luns a venres, no mes de xullo, nas piscinas descubertas municipais. Deberase inscribir a través da plataforma Cronos. Ademais, os nenos/as nados/as entre o 2007 ao 2013 poderán anotarse nos cursos de piragüismo, enviando ao email deportes@concellodeames.gal o impreso federativo, fotocopia DNI e foto, que se impartirá, na Praia Fluvia de Tapia nos meses de xullo e agosto.

Dende hoxe, luns 14 de xuño, abre o prazo de inscrición para os cursos de natación do mes de xullo. Así, desde este luns ata o vindeiro día 25, todas e todos aqueles interesados poderán anotarse no mesmo. Posteriormente, o 12 de xullo abrirase o prazo para inscribrise, ata o 23 de xullo, nos cursos de natación que se impartirán en agosto.

O curso lévase a cabo de luns a venres, no mes de xullo, nas piscinas descubertas municipais. O prezo é de 20 euros ( 10 euros no caso de ser 2º membro e 5 euros, terceiros e restantes).

Ambas as dúas quendas de cursos, tanto a de xullo como a do mes de agosto, están organizadas en función da idade das e dos participantes. Desta forma, os horarios serán os seguintes: ás 11:15h comezarán as máis e os máis maiores, os que superen os 10 anos de idade; ás 12:00h será a quenda daquelas e aqueles entre os 8 e os 9 anos; xa ás 12:45h será a vez daqueles cuxa idade estea comprendida entre os 6 e os 7 anos; e, finalmente, ás 13:30h serán as máis e os máis pequenos da casa, aqueles cunha idade comprendida entre os 3 e os 5 anos, os que se mergullarán na auga.

Inscrición nos cursos de natación

Deberase inscribir a través da plataforma Cronos, entregando a folla de autoliquidación pagada, que deberá solicitarse nas oficinas de Recadación de xeito presencial, en Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, nº 6) ou no O Milladoiro (Rúa
Viorneira, nº 6), ou tamén no correo electrónico ames@canaltributos.com (Tel: 981 88 48 96). Existe a posibilidade de facer a autoliquidación na Oficina Virtual Tributaria.

A inscrición realizarase telematicamente a través da plataforma Cronos. Para poder inscribirse é necesario darse de alta seguindo as indicacións da propia plataforma. No caso dun/dunha menor, primeiro deberá de darse de alta o pai, nai ou titor como titular (tipo de rexistro). Despois darase de alta o/a menor como beneficiario/a (tipo de rexistro).

Instrucións plataforma Cronos no caso de menores
 
Cursos de piragüismo

Os nenos/as nados/as entre o 2007 ao 2013 poderán anotarse nos cursos de piragüismo que se impartirá na Praia Fluvia de Tapia nos meses de xullo e agosto. O horario será os luns, mércores e venres dende as 11:00 ás 12:15 horas. O prezo é de 30 euros un mes e 50 euros os dous meses. É imprescindible saber nadar

Para inscribirse, deberase enviar ao email deportes@concellodeames.gal o impreso federativo, fotocopia DNI e foto. Ademais, débese especificar o mes, ou os meses, a asistir.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Abren la inscripción en cursos de piragüismo y natación del mes de julio en Ames"

Compostela 24horas: "Ames abre o prazo de inscrición para os cursos de piragüismo e de natación en xullo"

Cursos de natación

Multimedia

  • Cursos de natación
  • Cursos de piragüismo