Pestanas principais

Abre o prazo de inscrición para participar nos cursos de natación do mes de agosto

Luns, 11 de xullo de 2022

Dende o 11 ata o 22 de xullo está aberto o prazo de inscrición para a segunda quenda dos cursos de natación deste verán, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto. Nos cursos de natación do mes de xullo están participando 56 rapaces e rapazas. Estas actividades impártense nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña. As inscricións para os cursos de mes de agosto hai que tramitalas a través da plataforma Cronos.

Co inicio do mes de xullo comezaron os cursos de natación, que se imparten nas piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. Deste xeito, durante este mes de xullo están participando nestas actividades 56 rapaces e rapazas. En Bertamiráns están participando 18 nenos/as (3 no grupo de 3-5 anos; 4 no grupo de 6-7 anos; 3 no grupo de 8-9 anos; e 8 no grupo de máis de 10 anos), mentres que no Milladoiro hai 38 usuarios/as (13 no grupo de 3-5 anos; 8 no grupo de 6-7 anos; 8 no grupo de 8-9 anos; e 9 no grupo de máis de 10 anos).

Os rapaces e rapazas que queiran participar nos cursos de natación do mes de agosto están a tempo de inscribirse, xa que o prazo para anotarse vai do 11 ao 22 de xullo. As inscricións hai que tramitalas de xeito telemático a través da plataforma Cronos. Estes cursos están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) poderá solicitarse nas oficinas de Recadación, de xeito presencial. Existen dúas oficinas de Recadación, unha no Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; e outra en Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas.

Outra opción é facelo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 88 48 96. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Prezos dos cursos
No tocante ao prezo, cada familia deberá abonar 20 euros, reducíndose a 10 para segundos membros e a 5 para terceiros e restantes. Para máis información poden enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal / deportes.milladoiro@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981 535 940 ou 619 842 504.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Xa poden anotarse os amesáns nos cursos de natación do vindeiro mes"

Cursos de natación nos meses de xullo e agosto nas piscinas

Multimedia

  • Cursos de natación nos meses de xullo e agosto nas piscinas