Pestanas principais

Abre o prazo para inscribirse nas prazas libres das Escolas Deportivas Municipais

Venres, 08 de outubro de 2021

Unha vez rematado o primeiro prazo de inscrición, a concellaría de Deportes abre o prazo para inscribirse nas prazas libres das Escolas Deportivas municipais 2021/22. Os/as interesados/as poden xestionar a matrícula de xeito telemático a través da plataforma Cronos, no módulo de Inscripción en clases. Ao pé da noticia podes consultar os folletos coas actividades e as prazas dispoñibles.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse nunha primeira actividade se non o fixeron no
primeiro prazo ou se quedaron excluídas neste. Tamén se poden inscribir nunha segunda actividade os/as que xa se inscribiron nunha no primeiro prazo.

Os/as interesados/as poden xestionar a matrícula de xeito telemático a través da plataforma Cronos. no módulo de Inscripción en clases.

Unha vez que se obteña praza na plataforma Cronos deberá xestionarse o pagamento da seguinte maneira:

Deben solicitar a folla de autoliquidación nas Oficinas de Recadación a través do correo electrónico ames@canaltributos.com, chamando ao número de teléfono 981 88 48 96 ou realizar a autoliquidación a través da Oficina Virtual Tributaria do Concello (non precisa certificado electrónico) premendo na opción de “pagar taxas”. Outra opción é acudir de xeito presencial ás oficinas da praza Horta de Abaixo, nº 6 en Bertamiráns ou na rúa Viorneira, nº 6 no Milladoiro.

Despois de que se faga a autoliquidación, non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo de 3 días, a inscrición quedará anulada.

“Esta é unha boa oportunidade para que todas aquelas persoas que non tiveron oportunidade de matricularse na primeira quenda, o fagan agora e tamén para as peroas que desexaban matricularse nunha segunda actividade”, declara a concelleira de Deportes, Susana Señorís, quen tamén se manifesta moi satisfeita de que “pasiño a pasiño vaiamos volvendo á normalidade e sendo na práctica ese concello que aposta firmemente polo deporte como medio de acadar unha poboación cada vez máis activa e sá”

Ao pé da noticia podes consultar os folletos con todas as actividades, grupos e idades.

Folleto

Multimedia

  • Folleto