Pestanas principais

Abre o prazo para inscribirse no curso de monitor de tempo libre

Luns, 25 de febreiro de 2013

[25-02-2013] O Concello de Ames abre entre o 26 de febreiro e o 15 de marzo o prazo para inscribirse no curso de monitor de tempo libre. Este curso, que está organizado a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), consta de 350 horas teóricas e prácticas. A parte teórica do curso (200 horas) desenvolverase entre o 23 de marzo e o 19 de maio no Centro de Usos Múltiples de Aldea Nova. As sesións de clase teñen unha duración de 10 horas diarias, en horario de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 21:00 horas, repartidas en sábados, domingos e vacacións de Semana Santa. A continuación, os alumnos deberán completar a súa formación cun período de prácticas de 150 horas. Ofértanse un total de 25 prazas. Este curso ten un custo de 220 euros, que pode fraccionarse en tres pagos. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases do curso de monitor de tempo libre e o impreso de inscrición.

Os interesados en ampliar a información referida a este curso poden facelo poñéndose en contacto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames a través do teléfono 616 083 229 ou enviando un correo electrónico ao enderezo omix@concellodeames.org. Tamén poden contactar directamente coa Escola Rural de Tempo Libre a través do enderezo electrónico escolaruraltempolibre@gmail.com.