- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, ten aberto un proceso para reubicar o mercado de rúa de Bertamiráns na antiga zona onde se desenvolvía de forma habitual ata o pasado mes de marzo antes da declaración do Estado de Alarma pola Covid-19. Ata o 21 de outubro, os vendedores/as ambulantes puideron facer propostas en torno o emprazamento no que queren que se sitúe o mercado de rúa que se desenvolve os sábados pola tarde en Bertamiráns. Agora, dende hoxe e ata este mércores 28 de outubro poderán votar por algunhas das tres ubicacións propostas.
Desde o mes de xuño e por mor das medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, o mercado de rúa de Bertamiráns situouse temporalmente na rúa de Sar, un emprazamento con dous carrís, sen construcións aos lados, que permitiu o desenvolvemento correcto da actividade tal e como obrigan as normas sanitarias e dita o regulamento da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. A decisión deste cambio respondía á necesidade de cumprimento dunha serie de normas hixiénico sanitarias derivadas da loita contra a pandemia e tomouse de xeito consensuado coas asociacións de comerciantes e de ambulantes máis representativas e co obxectivo de que puidesen estar no mercado o cen por cen dos postos.
Agora, coa chegada do inverno, o comercio ambulante precisa para o desenvolvemento óptimo da súa actividade localizacións que o protexan das inclemencias do tempo e a rúa do Sar no cumpre os requisitos de gorecer o mercado do vento e a chuvia que caracterizan esta estación. Ademais, o mercado ambulante funciona como eixo de atracción da cidadanía para o consumo de bens e servizos, polo que a súa reactivación convértese en cuestión prioritaria para o departamento de Promoción Económica “E necesario -manifesta a concelleira Ana Belén Paz- que o eixo económico da localidade volva a confluír ao redor da Casa consistorial. A influencia do mercado nas rúas lindeiras para a reactivación económica da vila é incuestionable, e establece o eixo principal do desenvolvemento comercial e hostaleiro da localidade”.
Por todo isto o Concello de Ames convocou unha reunión o pasado 14 de outubro de 2020 co fin de coñecer de primeira man o parecer dos vendedores ambulantes sobre o novo emprazamento. Tras esta reunión, á que asistiron o alcalde de Ames, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz e o técnico municipal da área, estableceuse un período de propostas para os vendedores ambulantes ata o 21 de outubro.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de propostas, existen tres opción polas que terán que votar os vendedores ambulantes durante os días 26, 27 e 28 de outubro. Soamente poderá votar o titular do posto e soamente poderá votar unha opción. Para exercer o voto deberase depositar o documento de votación nunha urna habilitada na Casa do Concello, en horario de mañá de 09:00h a 14:00 horas, ou a través da Sede electrónica do Concello de Ames coa sinatura dixital do titular do posto.
As tres opcións a votar son:
Opción 1: Realizar o mercadillo 50% dos postos un sábado e o outro 50% o sábado seguinte e así sucesivamente, nas rúas Ameneiral e Entrerríos.
Opción 2: Ampliación da zona do mercado de venda ambulante á praza do Concello, rúa Entrerríos e rúa Ameneiral, e poñer a totalidade dos postos.
Opción 3: Repartir ao 50% os postos en quendas de mañá e tarde, nas rúas Ameneiral e Entrerríos.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Aberto o prazo para que os vendedores ambulantes voten polo ubicación do mercado de rúa de Bertamiráns"
El Correo Gallego: "Plantean ampliar a la plaza el mercado de Bertamiráns "
La Voz de Galicia: "La ubicación del mercadillo de Bertamiráns se decidirá por votación en urna de los feriantes"