Pestanas principais

Abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2019-2020

Xoves, 02 de maio de 2019

A Escola Municipal de Musica de Ames abre o prazo de renovación de prazas para o curso 2019-2020 entre o 2 e o 10 de maio. Este primeiro prazo de inscrición está orientado, exclusivamente, aos alumnos e alumnas da Escola para a continuación de estudios. Por outra banda, todas aquelas persoas que desexen comezar estudios musicais na EMMA deberán realizar a matrícula entre o 29 de maio e o 10 de xuño. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un aviso sobre a renovación de prazas na Escola Municipal de Música de Ames.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) abre un primeiro prazo de renovación de prazas para o próximo curso 2019-2020, dirixido aos alumnos/as que xa estiveron matriculados na EMMA este curso. O prazo abrangue dende o día 2 ata o 10 de maio. Durante as primeiras semanas de maio os/as profesores/as da EMMA xa se encargaron de entregarlle a cada alumno/a un sobre con toda a documentación e impresos para realizar a renovación de prazas.

Os impresos deberán entregarse debidamente cubertos, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, no rexistro electrónico, no rexistro do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Casa do Concello, estes dous últimos situados en Bertamiráns. Cómpre lembrar que para poder matricularse na Escola Municipal de Música de Ames é preciso estar empadroado no Concello de Ames.

O alumnado da escola poderá solicitar, se así o desexa, un cambio de especialidade instrumental ou vocal. Este cambio poderase solicitar xa para o próximo curso, e adxudicarase por sorteo público ao que é preciso asistir o mércores 22 de maio ás 20:30 na Aula 7 de Aldenova.

Para facer o pagamento cada un dos alumnos/as disporán dun impreso de autoliquidación personalizado co que terá que ir a entidade bancaria co fin de efectuar o pagamento de forma presencial. Outra opción é realizar o pagamento a través da Oficina Virtual co certificado dixital ou co DNI-e, ou para os clientes de ABANCA a través da súa páxina, sen certificado.

En caso de cambio dos datos persoais ou perda da documentación, deberán poñerse en contacto coa a oficina de recadación na praza Horta de Abaixo, número 6, situada en Bertamiráns, en horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas, e tamén os luns e mércores de 16.15 a 18.30 horas. Outra opción é enviarlle un correo electrónico ao enderezo ames@canaltributos.com

Tamén se poden poñer en contacto coa oficina da Escola de Música no Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9.30 a 13.30 horas, chamando aos números de teléfono 981535940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal

Ligazóns

Abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Música de Ames de cara ao curso 2019-2020