Pestanas principais

Abre o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de psicomotricidade educativa e preventiva 2015-2016

Luns, 18 de maio de 2015

[18-05-2015] O Concello de Ames acaba de abrir o prazo para renovar praza ou realizar a preinscrición no programa de Psicomotricidade Educativa e Preventiva que se vai desenvolver tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Todos os pais e nais que desexen apuntar os seus fillos/as nesta actividade para o vindeiro curso deberán renovar praza ou formalizar a preinscrición entre o 16 e o 24 de maio entregando a documentación que se lle require no Rexistro Xeral da Casa do Concello, no Rexistro das oficinas de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Os nenos e nenas que sexan admitidos terán que formalizar a matrícula entre o día 21 e o 30 de xuño. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de preinscrición para participar nesta actividade.

Esta actividade, que está dirixida aos nenos/as de 3 a 6 anos (etapa de educación infantil), desenvólvese nas aulas de psicomotricidade dos colexios de infantil, en Bertamiráns no CEIP A Maía e no CEIP Agro do Muíño, e no Milladoiro na escola infantil desta localidade. A actividade levarase a cabo cunha periodicidade dunha sesión semanal, cunha duración dunha hora, o longo do curso escolar. O obxectivo xeral que se persegue co programa de psicomotricidade educativa preventiva é favorecer o desenvolvemento do neno/a.

Tramitación das preinscricións
Todos os pais e nais que desexen apuntar os seus fillos/as nesta actividade de cara ao vindeiro curso deberán renovar praza ou formalizar a preinscrición entre o 16 e o 24 de maio entregando a documentación que se lle require no Rexistro Xeral da Casa do Concello, no Rexistro das oficinas de Educación, situadas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ou na Oficina Municipal do Milladoiro, en horario de 9:00 h á 14:00 horas.

As familias interesadas en participar en Psicomotricidade Educativa e Preventiva poden recoller a ficha de preinscrición ou de matrícula no departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e nas oficinas municipais do Milladoiro en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Ademais, tamén poden descargar o impreso de preinscrición na sección de Avisos da web municipal para logo entregalo cuberto nos mesmos lugares.

Unha vez rematado o período de renovación de praza e preinscrición publicarase a lista de admitidos/as e o prazo e lugares de matrícula, nos taboleiros de anuncios do Concello en Bertamiráns e da Oficina Municipal do Milladoiro. O prazo establecido para formalizar a matrícula vai dende o día 21 ata o 30 de xuño.