- Tematica
O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán (23 de xuño de 2022). No caso de espazos públicos o prazo vai do 6 de xuño ao día 16 de xuño, ás 14.00 horas, mentres que no caso de espazos privados o prazo de solicitude abrangue do 6 de xuño ao día 21 de xuño, ás 14.00 horas. Estas normas fanse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Para presentar as solicitudes de forma presencial haberá que solicitar cita previa na Sede electrónica.
Para a celebración das cacharelas/sardiñadas as persoas, organizacións e comunidades deberán presentar a solicitude correspondente, segundo o modelo publicado na Sede electrónica do Concello de Ames e dispoñible fisicamente nas oficinas xerais do Concello, enchendo tódolos datos que constan en dito modelo de solicitude.
No caso de cacharelas ou sardiñadas solicitadas para espazos públicos deberán achegar á solicitude un mapa do lugar exacto onde celebrarán a fogueira. Aquelas que sexan solicitadas en espazos públicos deberán ser expresamente autorizadas polo concelleiro de Administración xeral e urbanismo a través dunha resolución que será publicada na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios.
No caso das solicitudes de cacharelas/sardiñadas para espazos privados, o Concello de Ames enviará unha mensaxe confirmando a recepción da mesma, que será suficiente para levar a cabo o evento.
As solicitudes deberán ser presentadas:
-No caso de espazos públicos: dende o 6 de xuño de 2022 ata o día 16 de xuño do 2022, ás 14.00 horas.
-No caso de espazos privados: dende o 6 de xuño de 2022 ata o día 21 de xuño do 2022, ás 14.00 horas.
Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames.
Tamén se poderán presentar as solicitudes a través do Rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, solicitando cita previa na Sede electrónica ou agardando a quenda no momento da chegada tendo prioridade en atención as que teñan a súa cita solicitada. Outra opción é presentar as solicitudes no Rexistro do Milladoiro, só con cita previa solicitada a través da sede electrónica.
Para dispor de máis información sobre as normas e recomendacións que hai que ter en conta para facer cacharelas e sardiñadas podes consultar o bando municipal aprobado pola Alcaldía. O cumprimento das normas respecto ás cacharelas será comprobado pola Policía Local e /ou corpos e forzas de seguridade.
>> ACCEDE AO TRÁMITE PARA SOLICITAR PERMISO PARA REALIZAR CACHARELAS POR SAN XOÁN
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Abren prazo para solicitar permisos e facer cacharelas de San Xoán ata as xornadas do 16 e 21"