Pestanas principais

Abre as súas portas a décima edición da Feira do Comercio Val da Maía

Venres, 09 de maio de 2014

[09-05-2014] Este venres pola tarde, ás 17:00 horas, abríronse as portas da X Feira do Comercio Val da Maía. Este ano uns 34 establecementos comerciais ofrecen os seus produtos con grandes descontos. A feira conta con 400 metros cadrados de oportunidades. Este evento, que se desenvolve no pavillón polideportivo de Bertamiráns, terá lugar os días 9, 10 e 11 de maio. No evento hai servizo de gardaría, cafetería, unha carpa polbaría para comer e outra con inchables, así como varios postos de churros, rosquillas, xeados, etc. Ademais, dispón de zonas de aparcamento gratuíto nos arredores do pavillón. A entrada, como en anos anteriores, é de balde.

Na apertura da X Feira do Comercio Val da Maía estiveron o alcalde de Ames, Santiago Amor, o concelleiro de Comercio e Promoción Económica, Bernardo Moar, a concelleira de Medio Ambiente, Sanidade, Cultura, Deportes e Benestar Social, María Eugenia Martín, e os concelleiros non adscritos, Ramón García Argibay, María González, Emilio Martínez e Manuel Ferreiro. Por parte da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns estivo o seu presidente, Juan Carlos Zaera, mentres que en representación da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro asistiu o seu secretario, Juan José Fernández.

Nesta feira do comercio participan diferentes establecementos de Ames e doutros concellos. Hai 400 metros cadrados de oportunidades. Nesta edición da Feira do Comercio un total de 18 comercios ofertan unha ampla variedade de produtos de téxtil e calzado para neno/a, muller e home. Ademais, hai tendas de electrónica, óptica, papelería, fogar, complementos, alimentación, comunicación, informática e saúde. Este ano, como novidade, hai un establecementos que vende chemineas. Ademais, a radio municipal, Ames Radio, emitiu un programa especial sobre a X Feira do Comercio durante a tarde deste venres.

Oferta lúdica e gastronómica
Ademais de poder comprar diversos produtos aos mellores prezos, as persoas que asistan á X Feira do Comercio Val da Maía poden gozar dunha ampla oferta lúdica e gastronómica. Deste xeito, instalouse no recinto unha cafetería. Ademais, tamén se ofrece de balde un servizo de gardería, atendido por persoal cualificado. Este servizo, que está dirixido a nenos de entre 2 e 12 anos, ofrécese en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:30 h a 20:30 horas.

Como complemento do servizo de gardaría hai inchables gratuítos para entreter aos nenos/as e deste xeito facilitarlle as compras aos pais e nais. Os inchables, que están instalados nunha carpa exterior, están dirixidos aos nenos de entre 2 e 12 anos. Os inchables contan coa supervisión de monitores.

No eido gastronómico, instaláronse varios postos de churros, rosquillas e xeados. Tamén hai un posto de venda de polbo, carne o caldeiro e churrasco para todas as persoas que queiran xantar na feira. Por último, hai zonas de aparcamento gratuíto nos arredores do pavillón. A entrada, como en anos anteriores, é de balde.


Durante esta fin de semana o pavillón de Bertamiráns converterase no gran centro de compras de todo o Concello de Ames e dos municipios limítrofes. Durante os días 9, 10 e 11 de maio a localidade de Bertamiráns acolle a décima edición da Feira do Comercio Val da Maía. Nestes tres días un total de 34 establecementos ofrecen os seus produtos con grandes descontos. A feira abriu as súas portas este venres 9 de maio, ás 17:00 horas, e durante a xornada de hoxe permanecerá aberta ata as 21:00 horas. O sábado e o domingo o horario de apertura será ininterrompido de 10:00 h a 21:00 horas.

Este ano a organización deste evento corre a cargo da Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB) e conta coa colaboración de todas as asociacións de profesionais e comerciantes de Ames (Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro; Asociación de Empresarios Novo Milladoiro; e Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar). O Concello de Ames patrocina economicamente e colabora na organización da Feira do Comercio prestando apoio, loxístico, técnico e de persoal.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "La Feira do Comercio de Ames arranca con grandes descuentos"
El Correo Gallego: "Ames presume xa de X Feira do Comercio con 18 firmas e xogos"