Pestanas principais

Abre a XI Feira do Comercio Val da Maía coa participación de 43 stands de empresas, comercios e profesionais

Venres, 12 de xuño de 2015

[12-06-2015] Este venres pola tarde, ás 17:00 horas, abríronse as portas da XI Feira do Comercio Val da Maía. Este ano uns 43 comercios, empresas e profesionais ofrecen os seus produtos e servizos con grandes descontos. A feira conta con máis de 1.000 metros cadrados de oportunidades. Este evento, que se desenvolve no pavillón polideportivo do Milladoiro, terá lugar os días 12, 13 e 14 de xuño. Ademais, ofrécese unha ampla oferta lúdica e gastronómica, xa que haberá inchables para os nenos/as e postos de polbo para xantar. Tamén haberá un aparcadoiro gratuíto, churrerías, xeadarías e rede wifi. A entrada, como en anos anteriores, é de balde.


Este evento conta con 43 expositores, que ocupan unha superficie de 1.000 metros cadrados. Nesta feira hai comercios de diferentes sectores como o téxtil, calzado, electrónica, óptica, roupa, artesanía, complementos do fogar ou agasallos. Estes postos ofrecen unha gran variedade de ofertas e promocións en todos os sectores e actividades comerciais. Cómpre destacar que este ano, ademais de establecementos comerciais, hai stands de empresas e profesionais que ofrecerán os seus produtos e servizos.

Ademais de poder comprar diferentes produtos aos mellores prezos, as persoas que asistan á Feira do Comercio poderán gozar dunha ampla oferta lúdica e gastronómica, xa que hai inchables para os nenos/as e postos de polbo para xantar. Tamén hai churrerías, xeadarías e rede wifi. Hai tamén unha exposición de coches patrocinada por Dimonorte na zona exterior.

Durante esta fin de semana o pavillón do Milladoiro converterase no gran centro de compras de todo o Concello de Ames e dos municipios limítrofes. Durante os días 12, 13 e 14 de xuño a localidade do Milladoiro acolle a décimo primeira edición da Feira do Comercio Val da Maía. Nestes tres días un total de 43 comercios, empresas e profesionais ofrecen os seus produtos e servizos con grandes descontos. A feira abriu as súas portas este venres 12 de xuño, ás 17:00 horas, e durante a xornada de hoxe permanecerá aberta ata as 21:00 horas. O sábado e o domingo o horario de apertura será ininterrompido de 10:00 h a 21:00 horas. A entrada será libre e gratuíta.

Este ano a organización deste evento corre a cargo da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro e conta coa colaboración do Concello de Ames, da Deputación da Coruña e de todas as asociacións de profesionais e comerciantes de Ames (Asociación de Comerciantes de Bertamiráns; Asociación de Empresarios Novo Milladoiro; e Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar).

Na apertura da XI Feira do Comercio Val da Maía estiveron o alcalde en funcións de Ames, Santiago Amor, o concelleiro en funcións de Comercio e Promoción Económica, Ramón Senra, e varios concelleiros/as tanto da actual corporación municipal como da nova corporación que se constituirá mañá no pleno de investidura. Neste acto tamén participou a presidenta da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro, Dolores Mella, así como varios membros da directiva desta asociación e doutras asociacións de profesionais e comerciantes de Ames.


Contido relacionado


El Correo Gallego: "La XI Feira do Comercio Val da Maía llega hoy a su fin en O Milladoiro con cuarenta y tres stands"
La Voz de Galicia: "La Feira do Comercio Val da Maía refuerza su oferta al cliente con empresas de servicios"
La Voz de Galicia: "Arranca en Milladoiro la XI Feira do Comercio Val da Maía"