Pestanas principais

Ábrese o prazo para apuntarse nos cursos de natación do mes de agosto

Mércores, 13 de xullo de 2016

[13-07-2016] Está está aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación, que se desenvolverán durante o mes de agosto nas piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro. Estes cursos pretenden ocupar o tempo libre dos nenos e nenas amesáns durante as vacacións ao mesmo tempo que aprenden a nadar. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 22 de xullo. Todos os/as interesados/as poderán inscribirse na Casa da Cultura do Milladoiro e na Casa do Concello, en Bertamiráns, en horario de 9:00 h a 14:00 horas. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude para os cursos de natación.

O prezo desta actividade é de 20 euros, ou 10 euros a partir do segundo membro da unidade familiar e 5 euros a partir do terceiro ou restantes. Existen bonificacións para os membros das unidades familiares menores de 18 anos. A documentación necesaria que hai que achegar é o impreso de solicitude cuberto, a folla de autoliquidación selada pola entidade bancaria onde se realiza o pagamento e a fotocopia da tarxeta sanitaria.

A folla de autoliquidación poderá solicitarse presencialmente na Casa da Cultura do Milladoiro, na oficina de Deportes de Bertamiráns, nas oficinas de recadación ou no enderezo de correo electrónico ames@canaltributos.com. Só poderán participar as persoas empadroadas no Concello de Ames. Para máis información poden enviar un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal ou chamar aos números de teléfono 981535940 ou 619842504.