[15-06-2012] O Concello de Ames informa de varios acordo adoptados na sesión plenaria do 31 de maio de 2012 e que saíron publicados no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 15 de xuño de 2012. Estes acordos fan referencia á aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora de prezo público pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música do Concello de Ames (EMMA), e a aprobación inicial ao Regulamento das axudas para o Transporte Metropolitano Social do Concello de Ames. Estes acordos estarán en exposición pública durante 30 días hábiles a efectos de exame e reclamacións. Para o suposto de que non fosen presentadas reclamacións, a aprobación inicial quedará elevada a definitiva de xeito automático. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os anuncios destes acordos, o regulamento do transporte metropolitano social e a ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación dos servizos da Escola Municipal de Música do Concello de Ames (EMMA).