- Tematica
A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de outubro aprobou a adxudicación do proxecto de instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas no auditorio da Casa da Cultura de Milladoiro. Dito proxecto está cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (Unión Europea), número 2041/241, convocados para o ano 2022.
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do contrato de subministro e instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas na Casa da Cultura de Milladoiro. O proxecto foi adxudicado á empresa Tecesa Acústica Visual SL por un importe de 57.001,89 euros (IVE incluído).
Dita actuación está cofinanciada con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de Nextgenerationeu e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (UE) número 2021/241. O importe da axuda concedida ascende a 29.646,08 euros.
Os traballos, que consisten na mellora do equipamento do sistema de iluminación e vídeo do auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, xa están en fase de execución. O proxecto foi adxudicado en Xunta de Goberno Local o pasado 14 de outubro e asinouse o contrato o 20 de outubro. O prazo de duración do contrato é de 41 días, sen posibilidade de prorrogas. O contrato inclúe servizo de soporte para a instalación.
A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, destaca “a importancia destas axudas que renovarán por completo as infraestruturas das artes escénicas, xa que son cantidades económicas que non son facilmente asumibles. Poder contar con esta subvención permite a modernización das nosas infraestruturas, que sumadas a outras intervencións que xa se fixeron ao longo do ano na Casa da Cultura e no auditorio do Milladoiro, van a repercutir nunha importante mellora destas instalacións ademais dunha mellor xestión sostible”.
Novas relacionadas:
AMS GO!: "Aprobadas obras no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro e no acceso ao núcleo de Trasmonte"