Pestanas principais

Adxudícanse as obras de pavimentación da avenida Muíño Vello do Milladoiro por 104.418 euros

Sábado, 29 de xullo de 2023

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 20 de xullo a adxudicación das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello, situada no Milladoiro, á empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa SL, por un importe de 104.418,92 euros (IVE incluído). Este proxecto forma parte do POS+ 2022 da Deputación da Coruña. A través de ditas obras mellorarase a capa de rodaxe nunha superficie de 6.650 metros cadrados na avenida Muíño Vello.

A avenida Muíño Vello, que é un das principais rúas do Milladoiro, contará cun renovado pavimento. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de pavimentación desta avenida á empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arosa SL, por un importe de 104.418,92 euros (IVE incluído). Este proxecto está incluído no POS+ 2022 da Deputación da Coruña.

As actuacións contempladas no proxecto teñen por obxecto a mellora da capa de rodaxe dunha superficie de 6.650 metros cadrados na avenida Muíño Vello, no núcleo urbano do Milladoiro. Con este fin proxéctase a execución dunha capa de 5 centímetros de mestura bituminosa en quente en toda a plataforma, previo fresados puntuais nas zonas de entronques con outros viarios e nas entradas a garaxes. A actuación complétase coa reposición completa da sinalización horizontal da vía e das bandas transversais de alerta.

Esta obra súmase a outro proxecto que tamén se vai executar no Milladoiro e que está en fase de licitación. Trátase das obras de pavimentación da rúa Agro do Medio, a rúa do Rego e a rúa de Abaixo, que teñen un importe de licitación de 201.411,51 euros. Este proxecto tamén forma parte do POS+ 2022 e contempla a mellora da capa de rodaxe das tres rúas. Este proxecto está na fase de clasificación de ofertas e tamén será adxudicado nas próximas semanas.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “a través desta obra vaise a mellorar o pavimento dunha das principais vías do Milladoiro que dá acceso á zona norte desta localidade e por conseguinte ao parque empresarial Novo Milladoiro. Deste xeito, seguimos avanzando co plan POS+ 2022, que combina actuacións no rural e nos núcleos urbanos do concello”.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo, explica que “a través deste proxecto sufragado con cargo aos fondos do POS+ 2022 da Deputación da Coruña vaise mellorar unha das principais vías do Milladoiro. O obxectivo do Goberno municipal é ir mellorando as vías municipais que presentan un peor estado debido ao tráfico que soportan. A parte de entrada da avenida Muíño Vello, que pertence ao concello de Santiago, foi reparada recentemente, e agora queda pendente o tramo do concello de Ames que será executada proximamente”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Las obras de pavimentación de la avenida Muíño Vello de O Milladoiro se adjudican por 104.418 euros"

Adxudícanse as obras de pavimentación da avenida Muíño Vello do Milladoiro por 104.418 euros

Multimedia

  • Adxudícanse as obras de pavimentación da avenida Muíño Vello do Milladoiro por 104.418 euros
  • Adxudícanse as obras de pavimentación da avenida Muíño Vello do Milladoiro por 104.418 euros
  • Adxudícanse as obras de pavimentación da avenida Muíño Vello do Milladoiro por 104.418 euros