Pestanas principais

Adxudícanse por 132.132 euros as obras de pavimentación de dous viarios nos lugares do Casaliño e do Pedregal

Venres, 06 de marzo de 2020

A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras de pavimentación de dous viarios nos lugares do Casaliño e do Pedregal, ambos pertencentes á parroquia de Ortoño, por un valor de 132.132 euros. Ditas obras foron adxudicadas á empresa Martínez Montes e Hijos SL. O proxecto do Casaliño foi adxudicado por 89.298 euros, mentres que o do Pedregal adxudicouse por 42.834 euros. Estas obras son sufragadas con cargo ao POS+ 2019. O contrato da obra do Casaliño xa foi asinado, mentres que o do Pedregal asinarase a próxima semana. Na actualidade, no viario que vai do Pedregal cara O Casaliño estanse executando 615 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón.

A través do plan provincial POS+ 2019 o Concello de Ames vai a executar as obras de pavimentación de dous camiños nos lugares do Casaliño e do Pedregal, ambos pertencentes á parroquia de Ortoño, por un valor de 132.132 euros. Estes traballos enmárcanse dentro das actuacións de mellora de camiños do rural que executa o goberno municipal con fondos provinciais.  

Ditas obras foron adxudicadas á empresa Martínez Montes e Hijos SL. O proxecto do Casaliño foi adxudicado por 89.298 euros, mentres que o do Pedregal adxudicouse por 42.834 euros. Estas obras son sufragadas con cargo ao POS+ 2019. O contrato da obra do Casaliño xa foi asinado, mentres que o do Pedregal asinarase a próxima semana.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “se trata dunha actuación incluída dentro dos proxectos financiados con cargo ao POS+ 2019. Estes traballos están recollidos nun plan máis amplo que contempla ir mellorando os camiños interiores das aldeas do rural amesán, que se irán facendo con cargo a fondos municipais e da Deputación da Coruña”.

Pavimentación do viario do Casaliño
Os traballos que se van executar no Casaliño desenvolveranse en catro treitos de 125x4,00; 400x4,50; 90x5,00 e 115x5,00 metros, así como 175 metros cadrados de sobreanchos, nos que se pretende a mellora da capa de rodaxe do viario con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e previo emprego de 10 centímetros de saburra, 10 de grava e tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación do ancho da superficie pavimentada ambos lados.

Tamén se pretende a pavimentación de outros dous treitos de 30x10,00 e 115x3,00 metros, no primeiro treito con 10 centímetros de saburra, 10 de grava, tratamento asfáltico  semiprofundo e 5 centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma; e no segundo con 5 centímetros de saburra e 12 de formigón.

Na actualidade estanse executando 615 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón, baixo a que se canalizará tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro e executaranse 21 arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais. Finalmente, inclúese a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos e unha partida para a adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.  

Pavimentación do viario do Pedregal
Por outra banda, no Pedegral vaise a pavimentar un camiño que conta cunha lonxitude de 270 metros e 4,50 metros de ancho, así como 125 metros cadrados de sobreanchos. Deste xeito, vaise mellorar a capa de rodaxe do viario con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de baches e previo emprego de dez centímetros de zahorra, dez e grava e tratamento asfáltico semiprofundo en ampliación do ancho da superficie pavimentada ambos lados, 0,50 metros a cada lado, dentro da plataforma actual do viario.

Preténdese así mesmo a pavimentación de catro treitos de 25x7,00; 70x6,00; 90x5,50 e 60x5,00 metros, con cinco centímetros de zahorra e doce de formigón, incluso mallazo e xuntas de dilatación, previa demolición, nivelación e compactación do pavimento existente. Finalmente contémplase a limpeza de gabias e salvagabias para o correcto drenaxe lonxitudinal e transversal, a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e símbolos e unha partida para adaptación de pozos e arquetas á nova rasante.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Adxudican as obras de pavimentación de dous viais de Ortoño"

La Voz de Galicia: "Adjudicadas por 132.000 euros obras en el rural amiense"

Compostela 24 horas: "Máis de 100 mil euros para a pavimentación de dous viarios nos lugares do Casaliño e do Pedregal"

Na actualidade, no viario que vai do Pedregal cara O Casaliño estanse executando 615 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón

Multimedia

  • Imaxe do lugar do Casaliño, pertencente á parroquia de Ortoño
  • Momento da sinatura do contrato do proxecto que se vai executar no Casaliño