Pestanas principais

Adxudícase o servizo de mantemento da rede semafórica do Concello de Ames

Xoves, 11 de xaneiro de 2018

[11-01-2018] A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do servizo de mantemento da rede semafórica do Concello de Ames. Este servizo implica o mantemento preventivo e correctivo e da conservación e reparación das instalacións semafóricas do Concello e as actuacións de comprobación e revisión, así como a substitución dos elementos avariados. O servizo foi adxudicado á empresa Javi-Luz Electricidad S.L. por un importe de 21.092,99 euros, IVE engadido. A duración inicial do contrato fíxase en dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro, incluído o período inicial e prorroga.

As instalacións semafóricas sobre as que inicialmente se deberá prestar o servizo de mantemento son as existentes no Milladoiro (na avenida de Rosalía de Castro, na Travesía do Porto e nas rúa Madalena, Castelao, Figueiras, Curuxa, e Agro do Medio) e as de Bertamiráns, situadas nas estradas AC-543 e AC-544 (nas avenidas da Maía, da Peregrina e de José Luís Azcárraga, así como nas rúas Alcalde Lorenzo e do Pedregal, na Travesía da Peregrina, na estrada de Lapido e na rotonda da avenida da Maía). Deste xeito, no Milladoiro existen 12 instalacións semafóricas, mentres que no núcleo poboacional de Bertamiráns hai 16.

O servizo contempla a realización de traballos de mantemento (substitución das lentes leds que se avaríen por calquera circunstancia) e a reparación de todas as avarías en reguladores e cableado. De igual maneira, realizaranse traballos de mantemento cada dous meses nos reguladores, lámpadas e soportes. Asemade, cada tres meses deberase comprobar o bo estado dos semáforos e as súas ópticas a pé, procedendo a reparar as anomalías que se detecten, levando a cabo a substitución ou reposición de todos aqueles elementos, pezas ou partes das instalacións que puideran provocar avaría inminente ou que se atopen deterioradas ou en mal estado de funcionamento.

Ademais, cada 6 meses haberá que facer unha rexeneración das fontes de alimentación e unha revisión de detectores, acometidas e proteccións da rede de terra, das partes metálicas móbiles e unha limpeza de reguladores e semáforos (cabezais, parte interna das lentes e tulipas). Por último, cada 12 meses haberá que realizar unha limpeza interior, substitución de filtros, pintura interior e axuste de danos, do cableado de cruces e traballos de pintado, previo saneamento das partes afectadas, de acordo coas instrucións do Concello. 

Este servizo cubrirá as 24 horas dos 365 días do ano, cun tempo de resposta máximo de tres horas. A notificación das incidencias poderá efectuarse por vía telefónica ou electrónica a calquera hora de calquera día do ano. Unha vez que se produza a reparación do feito que motivou a incidencia ou aviso, a empresa adxudicataria está obrigada a presentar un informe no que se recolla as actuacións efectuadas e a resolución da incidencia. Do mesmo xeito, deberáselle comunicar ao Concello o momento da resolución da avaría.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Ames contrata por 21.100 euros el mantenimiento de su red de semáforos"