Pestanas principais

Aínda estás a tempo de inscribirte no Programa Integrado de Emprego Ames-Brión 2020-2021

Luns, 28 de decembro de 2020

Ames, 28 de decembro de 2020.- Até o día 4 de xaneiro está aberto o prazo para inscribirse no novo Programa Integrado de Emprego dos Concellos de Ames e Brión. Este ano, o programa está aberto a 100 mulleres que se formarán nos ámbitos de comercio, ocio infantil e tempo libre, limpeza e arranxo de habitacións en hoteis, atención socio sanitaria e turismo. Poden inscribirse no programa todas as mulleres demandantes de emprego residentes nos concellos de Ames e Brión. As interesadas deben cubrir esta ficha.

 
 
 

O novo Programa Integrado de Emprego dos concellos de Ames e Brión desenvolverase até o vindeiro mes de novembro de 2021. Está subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e confinanciado polos concellos de Ames e Brión. Nesta edición do programa participarán 100 mulleres. O obxectivo é que, como mínimo, o 40% das persoas participantes atopen un traballo. Nos últimos programas integrados acadouse una inserción media superior ao 45%.

As mulleres participantes formaranse nos ámbitos de de comercio, ocio infantil e tempo libre, limpeza e arranxo de habitacións en hoteis, atención sociosanitaria e turismo. Terán titorías individualizadas nas que se lles ofrecerá información e orientación para a intermediación laboral. A través de formación transversal obterán coñecementos en novas tecnoloxías e inglés. Tamén adquirirán coñecementos en ferramentas de busca de emprego, técnicas de coaching e intelixencia emocional. Impartirase tamén o certificado de profesionalidade “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (SSCS0208).

Bolsas e axudas á conciliación
Ademais as mulleres que formen parte do novo Programa Integrado de Emprego Ames-Brión teñen dereito a unha bolsa de 7 €/día de asistencia ás diversas accións do programa. Tamén se poñerá a disposición das participantes axudas para a conciliación da vida laboral e familiar. Estas axudas estarán destinadas a cubrir os gastos de gardería e/ou atención ás persoas dependentes.

Para poder inscribirse neste programa, é necesario estar empadroada nos concellos de Ames ou de Brión. As interesadas deben cubrir este formulario antes do 4 de xaneiro. Os encargados/as do programa concertarán a partir desa inscrición unha cita para unha entrevista persoal. As persoas que desexen máis información poden chamar aos teléfonos 608 459 678 / 663 711 876.

 
 
Cartaz con informción sobre as últimas prazas