Pestanas principais

As alumnas de Nova Orleáns que están no IES de Ames visitaron a Casa do Concello

Domingo, 13 de marzo de 2011

[13-03-2011] O IES de Ames participa nun programa bianual de intercambio con alumnos e alumnas do centro Isidore Newman School de Nova Orleáns. Despois de que os rapaces e rapazas de Ames visitasen terras americanas durante os meses de setembro e outubro de 2010, agora tocoulle a quenda as rapazas e as profesoras de Nova Orleáns, que chegaron este xoves a Ames. Un día despois, o venres, visitaron a Casa do Concello onde foron recibidas polo alcalde de Ames, Carlos Fernández. A este acto tamén asistiron a directora do centro educativo, Marisol Louro, as coordinadoras do departamento de Educación e os concelleiros e concelleiras do grupo de goberno.

O IES de Ames participa un programa bianual de intercambio con alumnos/as de Estados Unidos. Primeiro foron os rapaces e rapazas amienses os que visitaron Nova Orleáns durante os meses de setembro e outubro e agora tocoulle a quenda ás 15 alumnas americanas, que chegaron a Ames o pasado 10 de marzo, despois de estar en Madrid, Toledo e Salamanca. Estas rapazas, que pasarán dez días en Ames, están acompañadas de dúas profesoras.

Ao chegar a Ames quixeron coñecer as dependencias da Casa do Concello. As alumnas e as dúas profesoras, que as acompañan, visitaron os diferentes departamentos da casa consistorial e remataron a súa visita no salón de plenos. Neste lugar foron recibidos polo alcalde de Ames, Carlos Fernández, que estivo falando con elas sobre a experiencia vivida en Ames. Os rapaces tamén lle puideron preguntar ao alcalde sobre o funcionamento da actividade municipal. O alcalde estivo acompañado polas coordinadoras do departamento de Educación e polos concelleiros e concelleiras do grupo de goberno.

As rapazas e profesoras americanos estiveron acompañados por diferentes profesores do IES de Ames, por tres alumnos/as que cursan os seus estudo neste centro de ensino e que exerceron de anfitrións, e pola directora do centro educativo, Marisol Louro. Ao final do acto as alumnas recibiron de mans do alcalde un pequeno detalle para que lembren a súa visita ao concello de Ames.