- Tematica
O pasado venres, 27 de setembro, a Concellería de Deportes organizou por sexto ano consecutivo o Día do Deporte, unha proposta que busca promover o deporte e a actividade física entre a veciñanza amesá. Durante esta xornada, que se desenvolveu na área deportiva do Milladoiro, houbo unha ampla oferta de actividades e inchables para os máis pequenos dos que desfrutaron as numerosas familias se achegaron ata o Milladoiro. Este evento contou coa colaboración da Deputación da Coruña.
A iniciativa “Día do Deporte” xa se converteu nunha cita ineludible do mes de setembro, que permite a todas aquelas persoas interesadas en realizar un deporte, pero que aínda non saben por que disciplina decantarse, probar e escoller a que máis lles guste.
Deste xeito, os veciños e veciñas que se achegaron ata a área deportiva do Milladoiro puideron gozar durante tres horas e media de actividades dirixidas como aerozumba, spinning ou baile moderno, así como de piragüismo, atletismo, xadrez, baloncesto, balonmano, fútbol sala, tenis, ximnasia rítmica, patinaxe, judo e taekwondo.
Así mesmo, as persoas que participaron en, polo menos, seis actividades, recibiron selos que lles permitiron recibir un agasallo na carpa de organización
A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destacou que “esta é unha xornada chea de actividades lúdicas que melloran a calidade de vida das persoas que as practican. O que buscamos con esta iniciativa é poñer en valor a importancia de manterse activos e de realizar actividades saudables, non só para estar en forma, senón tamén para prever enfermidades como as coronarias, e incrementar a autoestima e o optimismo”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames celebra la sexta edición del Día do Deporte"
El Correo Gallego: "Gran éxito de participación ciudadana en una nueva edición del Día do Deporte en O Milladoiro"