Venres, 10 de abril de 2015
[10-04-2015] O Concello de Ames comunica a apertura do prazo voluntario de pagamento do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM).
Os contribuíntes poden efectuar os seus pagamentos nas entidades bancarias colaboradoras que figuran da documentación enviada aos domicilios.
O prazo para o cobro remata o próximo 18 de maio. Vencido este prazo voluntario de pago iniciarase o período executivo, no que se esixirá o importe con recargas.