Pestanas principais

Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia

Xoves, 24 de novembro de 2022

Esta mañá inaugurouse a mostra que conmemora o 140 aniversario de La Voz de Galicia. Dita exposición pode visitarse na praza da Maía, en Bertamiráns, dende hoxe ata o 2 de decembro. A mostra, deseñada por Manuela Mariño e coordinada por María Santalla e Antón Fernández, consta de 15 cubos de gran formato. No acto de inauguración participaron o alcalde de Ames, Blas García; o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela; e mailo delegado de Santiago, Ignacio Carballo, xunto a representantes do Goberno municipal, da Corporación municipal e de distintas asociacións do municipio. O xornal trasladou a xeracións de lectores o día a día dos seus municipios e tamén lles informou dos grandes acontecementos desde 1882.

O 4 de xaneiro de 1882 nacía La Voz de Galicia cun formato de catro páxinas que incluían o editorial Dúas Palabras, a reclamación dunha dársena para o porto da Coruña e unha información que xa avanzaba as vantaxes da calor solar e a máquina de vapor. Pasaron 140 anos desde o arranque da primeira rotativa e cando faltan 42 días para alcanzar os seus 141 aniversarios, La Voz de Galicia resumiu a esencia da súa longa traxectoria nunha exposición que desde hoxe e ata o vindeiro venres 2 de decembro pódese visitar na praza da Maía, en Bertamiráns.

Ao acto inaugural de dita mostra asistiron esta mañá o alcalde de Ames, Blas García; o director de La Voz de Galicia, Xosé Luís Vilela; e mailo delegado de Santiago, Ignacio Carballo, xunto a representantes do Goberno municipal, da Corporación municipal e de distintas asociacións do municipio. O xornal trasladou a xeracións de lectores o día a día dos seus municipios e tamén lles informou dos grandes acontecementos desde 1882.

A mostra, deseñada por Manuela Mariño e coordinada por María Santalla e Antón Fernández, consta de 15 cubos de grandes dimensións nos que se reproducen páxinas do xornal desde as súas orixes e que resumen os 140 anos nos que La Voz de Galicia exerceu de notario da realidade. E desde o 1959 cun protagonismo especial da área compostelá tras a apertura da delegación do xornal en Santiago.

Entre a selección de feitos históricos que reflectiu La Voz de Galicia e que se lembran nos cubos da exposición destacan as dúas guerras mundiais, o conflito bélico de España con Cuba, os atentados do 11-S e o 11-M e grandes naufraxios. Reciben un tratamento especial as noticias que contribuíron a transformar e modernizar Galicia, como a primeira conexión ferroviaria con Madrid en 1883 e a chegada do AVE no 2021. Tamén a historia actual máis impactante, a marcada pola pandemia e o conflito bélico de Ucraína con todas as súas consecuencias.

A exposición homenaxea a persoas, ata o de agora anónimas, que forman parte da intrahistoria de La Voz de Galicia máis aló dos seus xornalistas. Este é o caso de Andrés Cornide, o primeiro repartidor das subscricións do xornal ou Herminia, pioneira linotipista que se incorporou ao seu traballo a principios do século XX.

A exposición tamén pon de manifesto a contribución de La Voz ao desenvolvemento de Galicia mediante iniciativas complementarias á información tradicional, como a edición de libros na que destaca a Colección 120, editada hai dúas décadas, o traballo ambiental do programa Voz Natura, a formación de profesionais co seu Máster en Produción Xornalística e Audiovisual (MPXA) e o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La exposición de La Voz llega a Ames, símbolo de la Galicia que 'vai a máis'"

A exposición poderase visitar ata o 2 de decembro

Multimedia

  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia
  • Ames acolle a exposición conmemorativa do 140 aniversario de La Voz de Galicia