Pestanas principais

Ames acolle o curso “Sinerxia Food Lab” para o impulso de iniciativas empresariais no sector agroalimentario

Mércores, 26 de setembro de 2018

[26-09-2018] Sinerxia Plus, empresa especializada no sector da innovación no sector agroalimentario e pesqueiro, organiza no concello de Ames o curso Sinerxia Food Lab, co obxectivo de formar a desempregados/as menores de 35 anos, maiores de 45 ou parados de longa duración para o impulso de iniciativas empresariais no sector agroalimentario. A iniciativa, que se realizará do 1 ao 30 de outubro, está financiada polas axudas da Xunta de Galicia para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural. As persoas interesadas pódense inscribir, de forma gratuíta, a través do número de teléfono 981 56 18 90, en horario de 9.00h a 14.00 horas, ou enviando un correo ao enderezo electrónico rrhh@sinerxia.es, indicando no encabezado “Inscrición no Sinerxia Food Lab”. O prazo de inscrición está aberto ata este venres 28 de setembro.

O curso Sinerxia Food Lab, que se realizará no concello de Ames do 1 ao 30 de outubro, xurde como un programa intensivo que busca aportarlle aos alumnos/as ferramentas para o diagnóstico, xeración de ideas, formación e mentorización no campo da industria agroalimentaria. Asemade, outro dos obxectivos do curso, que enfoca o contido cara a perspectiva “quilómetro cero”, vai encamiñado a impulsar proxectos empresariais relacionados con este tipo de industria no propio concello.

A iniciativa está dirixida, de maneira prioritaria, a mozos e mozas desempregados de menos de 35 anos, maiores de 45 anos ou parados de longa duración que se sintan atraídos polo ámbito agroalimentario e o emprendemento. Deste xeito, a formación irá encamiñada ao coñecemento dos procesos de elaboración, distribución, promoción e comercialización neste tipo de industria, así como ao asesoramento empresarial e de innovación.

O motivo polo que a empresa especializada no sector da innovación agroalimentaria e pesqueira, Sinerxia Plus, se decantou polo concello de Ames para a realización deste curso foi “debido ao seu compromiso crecente coa innovación en diferentes campos empresariais”. Tamén se tivo en conta o “importante sector económico no campo agroalimentario que posúe, o que fai posible o desenvolvemento de novos nichos de mercado neste sector e de novos proxectos vinculados a iniciativa innovadoras como esta”.

Sinerxia Food Lab é un proxecto financiado pola convocatoria de axudas para a posta en marcha de laboratorios cooperativos no rural, convocadas pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os interesados en participar poden inscribirse de forma gratuíta a través do número de teléfono 981 56 18 90 en horario de 9.00h a 14.00 horas, ou enviando un correo ao enderezo electrónico rrhh@sinerxia.es, indicando no encabezado “Inscrición no Sinerxia Food Lab”. O prazo de inscrición está aberto ata este venres 28 de setembro.

Un programa moi completo
Esta primeira edición do curso Sinerxia Food Lab, que constará de un total de 150 horas, centrarase nos produtos hortofrutícolas dende a perspectiva “quilómetro cero” ou “slow food”. Así, o programa formativo comezará introducindo ao alumno/a no tipo de industria “quilómetro cero” e nas diversas etapas nas que se divide o seu proceso produtivo. O bloque de formación concluirá con un tema sobre a innovación e o desenvolvementos de ideas de novo produto ou servizo.

O seguinte punto xirará en torno ao coaching, a aprender a emprender. Así, seguindo o método “GROW”, trataranse as distintas fases do proceso de coaching empresarial, seguindo os puntos que para transformar unha idea en realidade. A continuación, o curso centrarase no asesoramento para a mellora de procesos comerciais. De seguido, persoas con experiencia no sector agroalimentario falarán cos alumnos e asesoraranos de cara aos seus proxectos.

Por último, dedicaranse 45 horas do programa a tutorizar ao alumno na selección e desenvolvemento do proxecto individual que deberá defender, e que se lle avaliará ao final do curso.

Contido relacionado


Lindeiros: "Ames impulsa un taller de iniciativas empresariais no sector agroalimentario "
Compostela 24 horas: "Comeza o curso "Sinerxia Food Lab" para os desempregados para emprender na industria agroalimentaria"