Pestanas principais

Ames acolle a segunda proba do circuíto galego de volei praia

Sábado, 18 de xuño de 2011

[18-06-2011] O novo parque do río Ameneiral, situado entre as rúas O Rueiro e Ameneiral, acolle durante esta fin de semana a segunda proba do circuíto galego de volei praia. Os encontros disputaranse nas modalidades de dúo e trío (masculino e feminino). A competición desenvolverase o sábado 18 e o domingo 19 de xuño, a partir das 10:00 horas e durante todo o día. Na xornada do sábado disputaranse os partidos das categoría sub 15 e sub 17, mentres que o domingo será a quenda da categoría sub 19. Para elo, instaláronse tres campo polo que poderanse disputar varios partidos de xeito simultáneo. Este torneo está organizado polo Bertamiráns FC e pola Federación Galega de Voleibol, en colaboración co Concello de Ames. No torneo participarán arredor de 200 deportistas.

Por primeira vez Ames acollerá unha proba do circuíto galego de volei praia. O evento terá lugar durante os días 18 e 19 de xuño no novo parque do río Ameneiral, situado entre as rúas O Rueiro e Ameneiral. Durante a xornada do sábado disputaranse os encontros correspondentes ás categorías sub 15 e sub 17, mentres que o domingo xogaranse os partidos da categoría sub 19. Todos os partidos disputaranse a partir das 10:00 hora e ao longo de todo o día. Ao dispor de tres campo pódense xogar varios encontros de xeito simultáneo. No torneo participarán arredor de 200 deportistas. Este evento está organizado polo Bertamiráns FC e a Federación Galega de Voleibol. Ademais conta co patrocinio de BeiraSar e a colaboración do Concello de Ames.

Este ano o circuíto galego de volei praia das categorías inferiores consta de catro probas por categoría e os encontros serán celebrados por toda a xeografía galega. A primeira proba tivo lugar o 4 e 5 de xuño, para as categorías sub 15 e sub 19 en Dumbría. A segunda proba, celebrouse o sábado 18 e o domingo 19 en Ourense, para as categorías sub 19 e sub 21. Agora nas instalacións de Bertamiráns celebraranse os encontros das categorías sub 15, sub 17 e sub 19. A terceira proba será o 16 e 17 de xullo, a sede aínda está por confirmar e acollerá os encontros das categorías sub 17 e sub 21 e na xornada do domingo xogarán os equipos das categorías sub 15 e sub 19. A cuarta e última proba terá lugar en Dumbría, a data tamén está por confirmar, para as categorías sub 15 e sub 19 e na segunda xornada disputaranse os encontros das categorías sub 17 e sub 21.

XXX Trofeo de fútbol Concello de Ames

Como cada ano antes de finalizar a temporada o Concello de Ames, en colaboración cos clubs de fútbol federados do concello, organizan o Trofeo de Fútbol Concello de Ames. Este campionato xa está consolidado no municipio amiense posto que xa se levan disputadas trinta edicións.

Este domingo, 19 de xuño, dispútase a final do XXX Trofeo de fútbol Concello de Ames. A final terá lugar no campo de fútbol municipal de Bertamiráns, ás 18:30 horas, entre o Bugallido CF e o Bertamiráns FC. O Bugallido impúxose na semifinal a SCD Ames por 3-2, e o Bertamiráns chegou á final despois de imporse por 5-3 ao Ortoño CF. Previamente, disputouse unha fase de grupos na que se clasificaban para disputar as semifinais os dous primeiros de cada un dos grupos. No primeiro grupo estiveron encadrados o Biduído SR, o Bugallido FC e o Ortoño CF. Mentres que no segundo grupos estiveron o Bertamiráns FC, o CSD Ames, e o FC Agrón.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Bertamiráns acoge una prueba del circuito de vóley playa"