Pestanas principais

Ames acolleu unha xornada do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”

Sábado, 20 de xullo de 2024

O Pazo da Peregrina acolleu este venres, 19 de xullo, por primeira vez, unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación ISMO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolvéronse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. Houbo encontros para os profesionais da danza, impartíronse os obradoiros “Danza en Familia” e “A danza como lugar de recreo”, e púidose gozar das actuacións a cargo de Suevia Rojo, Paulina Espinosa, Mariana Oliveira, Angel Durán e Mounqup. A artista amesá vinculada ao apoio bienal, Suevia Rojo, estreou “Pensar a contratempo”.

As instalacións do Pazo da Peregrina serviron ese venres, 19 de xullo, como escenario para os profesionais da danza e do movemento. Deste xeito, o concello de Ames foi sede dunha das xornadas da terceira edición do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, que se celebra do 17 ao 21 de xullo en diversas localidades galegas.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, valorou de xeito moi positivo a organización desta xornada en Ames. “A celebración deste evento no noso concello é un xeito de espertar interese sobre esta disciplina artística por parte da veciñanza amesá, de crear novos públicos e fomentar o afecto da sociedade cara á danza”. Ademais, engadiu “agardamos poder seguir sendo sede dunha xornada deste festival”.

Encontros con profesionais da danza
Esta xornada chea de danza deu comezo con encontros entre profesionais do sector, que se desenvolveron no Pazo da Peregrina. De 12:00 a 13.30 horas o artista “Miño” ofreceu unha máster class na que participaron 20 profesionais da danza e movemento. De seguido, de 14.00 a 16.00 horas impartiuse un segundo encontro para profesionais no que se ofreceu un cóctel. Asistiron arredor de 30 persoas, entre os participantes da máster class e diversos profesionais e autoridades do sector.

Obradoiros de danza para público infantil e adulto
Xa pola tarde, a partir das 18:00 horas, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu dous obradoiros: “Danza en Familia” e “A danza como lugar de recreo”. Ao primeiro obradoiro asistiron 8 familias, mentres que no segundo taller participaron 9 persoas.

O obradoiro “Danza en familia” foi impartido por Paula Quintas. Estivo dirixido a rapaces e rapazas a partir de 4 anos, que estiveron acompañados dunha persoa adulta. Esta actividade impartiuse de 18.00 a 19.00 horas, nos xardíns do Pazo da Peregrina.

Por outra banda, o obradoiro “A danza como lugar de recreo”, que impartiu Alejandra Balboa, estivo dirixido a persoas mozas e adultas (dende os 16 anos). Realizouse de 18.00 a 19.00 horas, tamén nas instalacións do Pazo da Peregrina. A través destes obradoiros propúxose una experiencia amable, grupal e lúdica da danza.

Actuacións de Suevia Rojo, Paulina Espinosa, Mariana Oliveira, Angel Durán e Mounqup
A xornada contou coa estrea do espectáculo da artista amesá vinculada ao apoio bienal, Suevia Rojo, que presentou “Pensar a contratempo”, ás 20:30 horas. De seguido, presentouse “Drauma”, de Paulina Espinosa e Mariana Oliveira (Portugal – México), que conta coa colaboración de SóLODOS. Posteriormente, foi a quenda de Ángel Durán, Performing Arts, de Cataluña, que representou o espectáculo CLINCH, que forma parte do circuíto Acieloabierto 2024.

A programación de actuacións pechouse coa Pista de baile con DJ set, a cargo de Mounqup e animación á danza. Mounqup é o proxecto en solitario de Camille Hedouin, cantante e produtora musical francesa que reside nas montañas de Galicia. Todas estas actuacións tiveron lugar nos xardíns do Pazo da Peregrina.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El Festival Abanea reúne en Ames a profesionales de talla internacional dentro del arte de la danza"

Ames acolleu unha xornada do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”

Multimedia

  • Ames acolleu unha xornada do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”