Pestanas principais

Ames AV LAB clausura a súa primeira edición coa presentación de proxectos e a avaliación dos premios que impulsarán o seu desenvolvemento

Domingo, 17 de novembro de 2024

O laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual Ames AV LAB, promovido polo Concello de Ames e cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña, celebra o próximo luns, 18 de novembro, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, o acto de clausura da súa primeira edición. Este programa, deseñado como un espazo de aceleración de proxectos e fomento do talento emerxente, foi clave para dinamizar o tecido audiovisual local, potenciando a competitividade do sector e fortalecéndoo no ámbito nacional e internacional. Esta xornada incluirá tamén a avaliación final dos traballos, a cargo da Comisión de Avaliación dos premios Ames AV LAB, que xa celebrou a súa primeira reunión o pasado martes, 13 de novembro, para constituírse formalmente e revisar a documentación dos proxectos presentados nas fases 1 e 2 do programa.

Concibido como unha iniciativa transformadora, o Ames AV LAB iniciou as súas actividades en maio de 2024 co obxectivo de acompañar profesionais do sector no desenvolvemento de 15 proxectos audiovisuais. A través dun itinerario formativo integral, os participantes recibiron formación en áreas clave como guión, produción, posprodución, financiamento, mercadotecnia e distribución, complementado con titorías, mentorías e asesoramento especializado.

Durante estes meses, os proxectos avanzaron de xeito significativa baixo a supervisión de expertos, permitindo aos creadores desenvolver as súas propostas nun entorno de aprendizaxe dinámico, práctico e innovador.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “a experiencia que están vivindo os/as creadores/as dos proxectos do Ames AV LAB está sendo moi positiva. O acompañamento que ofrece este programa está a piques de finalizar e queda por decidir que sete proxectos, dos 14 que se presentaron, van a recibir os premios de 10.000 euros que lles van permitir rematar o proxecto que están desenvolvendo”.

O acto de clausura: unha plataforma para o recoñecemento e o impulso
O evento de clausura será un espazo de encontro no que os participantes no Laboratorio presentarán publicamente os avances dos seus proxectos ante representantes institucionais, profesionais do sector e potenciais investidores. Esta xornada incluirá a avaliación final dos traballos, a cargo da Comisión de Avaliación dos premios Ames AV LAB, que xa celebrou a súa primeira reunión o pasado martes, 13 de novembro, para constituírse formalmente e revisar a documentación dos proxectos presentados nas fases 1 e 2 do programa. Os/as creadores/as exporán ante a Comisión de Avaliación os seus proxectos e terán que responder as preguntas que lle formulen as persoas que integran dita Comisión.

Dita exposición serviralle a Comisión de Avaliación para determinar a puntuación final que se lle outorgará a cada proxecto. Posteriormente farase un acto entrega de premios no cal se entregarán sete premios de 10.000 euros cada un, destinados ás actividades de definición e desenvolvemento inicial dos proxectos seleccionados. Este capital semente funcionará como un trampolín financeiro para consolidar as iniciativas e atraer novos apoios que garantan o seu éxito a longo prazo.

Os proxectos que se presentarán durante o evento serán:

  • 42.195 METROS, de Noelia Papín e Álvaro Liste (Serea Films).
  • AMIL, representado por Silvia Torre Cambón e o seu equipo de 12 creadoras.
  • AS LABREGAS, liderado por Rosa Taboada como guionista e produtora.
  • CARTAS DE ESPERANZA, de Silvia Varela e Nicole López, un grupo de 12 participantes.
  • CUANDO LOS ÁRBOLES LLORAN, creación de Miguel Bouzas.
  • DOUS NICHOS PARA MARUJA, dirixido por Santiago Araujo.
  • FORA DE CAMPO, de Neves Rodríguez e Manuel Barreiro.
  • HACIA EL ESPACIO INTERIOR, con Roi Grandío e Gema Míguez ao fronte.
  • O LAURO, de Giovanna Lopalco e Andrés Sanjurjo (Acariño Films).
  • ORQUESTA RAIÑA, creado por Sergio Rodríguez.
  • SERENADE, de Pedro Díaz e Marina García López (Mandrágora Cinema).
  • NÉMETO, presentado por Marta Rodríguez Insúa representando ao equipo de Mala Herba Produccións e Sara Ferro como actriz e membro do equipo.
  • TRAMOLOXÍA, de Álvaro Alvite como creador, guionista e produtor. Ames AV LAB: motor do audiovisual en Ames

O éxito do Ames AV LAB reflicte o potencial do Concello de Ames como un municipio de talento no sector audiovisual. Cun tecido produtivo que inclúe empresas líderes en produción, posprodución, dobraxe e tecnoloxía dixital, Ames consolídase como un referente para o desenvolvemento de iniciativas innovadoras. Este programa non só contribuíu ao fortalecemento da industria local, senón que tamén sentou as bases para o xurdimento dunha nova xeración de líderes creativos con vocación internacional.

Participa no acto de clausura
Trátase dun acto aberto ao público en xeral, ao que o Concello de Ames está convidando ás empresas especializadas no sector da comunicación e do audiovisual. Poden asistir todas as persoas que queiran coñecer os proxectos audiovisuais que se desenvolven dentro da primeira edición do Ames AV LAB. Para asistir a dito acto hai que enviar un correo electrónico a info@amesavlab.gal ou chamar ao número de teléfono 608 459 678.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames AV Lab se clausura con la presentación de los proyectos"

El Correo Gallego: "Ames repartirá siete premios en la clausura de su laboratorio audiovisual"

Ames AV LAB clausura a súa primeira edición coa presentación de proxectos e a avaliación dos premios que impulsarán o seu desenvolvemento

Multimedia

  • Ames AV LAB clausura a súa primeira edición coa presentación de proxectos e a avaliación dos premios que impulsarán o seu desenvolvemento
  • Ames AV LAB clausura a súa primeira edición coa presentación de proxectos e a avaliación dos premios que impulsarán o seu desenvolvemento