- Tematica
O Concello de Ames conmemorou este martes, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller cun acto institucional na praza do Concello, en Bertamiráns. As encargadas de dar lectura ao manifesto institucional foron o alcalde, Blas García; a concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo; a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero; a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a voceira do grupo municipal popular, Oliva Agra; e mailo concelleiro de Ames Novo, Quique Costas. Ao rematar, realizouse de forma guiada a ruta urbana 8M partindo dende a praza da Maía, onde o pasado ano se instalara un monólito en honra á escritora amesá Filomena Fraga. Pódense consultar os actos do 8M ao completo premendo nesta ligazón.
Foi un acto breve pero moi reivindicativo. Un bo grupo de mulleres participaron na manifestación convocada pola Plataforma feminista de Ames, que percorreu as rúas de Bertamiráns onte pola tarde. Todas elas chegaron á praza do Concello arredor das 17.40 horas para de seguido participar no acto institucional organizado polo Concello de Ames para conmemorar o Día Internacional da Muller.
Antes de comezar cos actos organizados polo Concello, Pilar Candocia, integrante da Plataforma feminista de Ames dixo que “hoxe é un día histórico xa que esta é a primeira manifestación convocada en Ames en prol dos dereitos das mulleres”. A continuación, todas as mulleres que participaron na manifestación e outras persoas que estaban na praza da Concello cantaron unha versión do tema Terra de Tanxugueiras feito expresamente polas integrantes da Plataforma feminista de Ames para o 8M.
Posteriormente, deuse lectura ao manifesto institucional do Concello de Ames con motivo do 8M. O manifesto foi lido polo alcalde, Blas García; a concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo; a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero; a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a voceira do grupo municipal popular, Oliva Agra; e mailo concelleiro de Ames Novo, Quique Costas.
Ao rematar, realizouse de forma guiada, a cargo de Merichel de Alma Gaia, a ruta urbana circular 8M partindo dende a praza da Maía, onde o pasado ano se instalou un monólito en honra á escritora amesá Filomena Fraga.
A ruta 8M constitúe un roteiro circular polas zonas verdes de Bertamiráns con saída e chegada ao Pazo da Peregrina. Ten unha versión corta de aproximadamente cinco quilómetros e outra longa que se estende até 8 quilómetros. En cada unha das zonas verdes pola que discorre esta instalado un monólito dedicado a unha muller coñecida polas súas accións a prol da igualdade. Preme nesta ligazón para descargar o mapa da Ruta urbana circular 8M.
A concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo, destacou “a boa acollida que están tendo entre a veciñanza amesá aos actos de conmemoración do 8M” e engadiu “foi un acto emotivo e emocionante no que a cidadanía de Ames volveu a ser un referente como así o demostrou coa gran participación que houbo nesta convocatoria de manifestación e na que se viu un feminismo plural, inclusivo e sen etiquetas. Volvemos a demostrar a nosa unidade ante algo tan importante e que nos afecta directamente como pobo como é a loita pola igualdade real”.
Novas relacionadas:
Enfoques: "Una andaina urbana y un acto institucional para reclamar la igualdad en Ames"
AMSGO!: "Ames reivindicou os dereitos das mulleres no 8M"
AMSGO!: "Respaldo institucional unánime ao manifesto do 8 de Marzo"