Pestanas principais

Ames comeza decembro coa inauguración do alumeado de Nadal

Venres, 30 de novembro de 2018

[30-11-2018] Este sábado, 1 de decembro, o Concello de Ames acenderá o alumeado de Nadal nun acto organizado para ás 18:30h na Casa do Concello, en Bertamiráns. A partir dese momento, as principais rúas do Milladoiro, Bertamiráns e das parroquias amesás quedarán engalanadas ata o vindeiro 7 de xaneiro. Os preto de cen arcos das rúas, os arcos de Boas Festas e a iluminación das prazas dos núcleos urbanos e dos principais edificios completarán a decoración destas festas invernais.

A inauguración da decoración correrá a cargo de Antía Roca Maceira, alumna de infantil do colexio A Maía e unha das gañadoras do concurso de cartas de Nadal 2017, que acompañará aos representantes do Concello no acendido do alumeado de Nadal. O acto, que se celebrará na Casa do Concello de Bertamiráns, contará coa actuación musical do grupo As de Lens e cunha chocolatada con churros gratuíta.

As rúas que disporán de decoración son aquelas que concentran un maior número de paseantes, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. As prazas, os farois e as fachadas dos principais edificios municipais engalanaranse tamén para as festas. Así mesmo, as persoas que visiten os principais núcleos urbanos serán recibidas e despedidas con mensaxes de Boas Festas, que se situarán nas entradas e saídas dos principais tramos municipais. O alumeado de Nadal manterase ata o 7 de xaneiro.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El alumbrado navideño luce en Ames y Oroso y se espera en Ordes"
Compostela 24 horas: "Ames encende hoxe o seu alumeado de Nadal"