Pestanas principais

Ames contará nas próximas semanas cos novos servizos de 4G e 5G que ofrecen as principais operadoras de telefonía móbil

Martes, 19 de setembro de 2023

A entidade Llega 700 púxose en contacto co Concello de Ames para informar á veciñanza de que durante as próximas semanas as principais operadoras de telefonía móbil van implantar en Ames os novos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, que se habilitan sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. Dito proceso pode afectar á recepción do sinal de TDT. Para resolver posibles problemas na recepción da sinal TDT pódese chamar ao teléfono gratuíto 900 833 999. Para obter máis información pódese acceder á páxina web de Llega 700.

As operadoras de telefonía móbil anunciaron que durante as próximas semanas realizarán o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese premer nesta ligazón.

O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón empregábanse para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura
Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións en liña, como os videoxogos.

A rede de telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras fundamentais. A primeira é a solvencia dos diversos problemas relacionados con orografías complicadas presentes na xeografía española onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A segunda, é a gran penetración en zonas interiores dos edificios.

A nova xeración tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

Garantindo a compatibilidade da rede móbil de nova xeración e a TDT
Lega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT.

Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o aceso das estacións, polo que se encargará de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen custo algún.

Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web (www.llega700.es).

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Prosigue en Ames la implantación de 4G y 5G de las operadoras de telefonía móvil"

AMS GO!: "Ames contará en breve cos servizos de 4G e 5G"

Imaxe de Llega 700

Multimedia

  • Ames contará nas próximas semanas cos novos servizos de 4G e 5G que ofrecen as principais operadoras de telefonía móbil
  • Ames contará nas próximas semanas cos novos servizos de 4G e 5G que ofrecen as principais operadoras de telefonía móbil