- Tematica
Este domingo, 5 de xaneiro, celébrase a noite de Reis, unha das máis esperadas polos cativos e cativas. Por elo, as nenas e nenos amesás daranlle a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha festa moi especial, que se desenvolverá nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Antes da súa chegada, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns para deixar a súa firma estampada no libro municipal de sinaturas. Posteriormente, dirixiranse aos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 18:30 horas respectivamente. No recibimento aos Reis haberá chocolate con rosca para merendar.
Antes de entregárense a unha noite chea de traballo, Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán polo concello de Ames para visitar e coñecer ás nenas e nenos amesáns. Co obxectivo de asinaren o libro de sinaturas municipal, os Reis Magos serán recibidos nas Oficinas xerais do Milladoiro, ás 17:00 horas, e na Casa do Concello en Bertamiráns, ás 18:00 horas. Os pavillóns estarán abertos media hora antes da chegada das súas maxestades os Reis Magos.
Posteriormente, as Súas Maxestades dirixiranse aos pavillóns municipais nun coche antigo. No Milladoiro, pasarán polas rúas Agro do Medio, rúa dos Cereixos e Travesía do Porto, mentres que en Bertamiráns, pasarán polas avenidas da Maía e da Peregrina. Nas dúas localidades produciranse cortes de tráfico esporádicos nas rúas polas que pase a comitiva real. Ditos cortes producíranse de 17.00 a 18.00 horas no Milladoiro e de 18.00 a 19.00 horas en Bertamiráns.
A recepcións aos Reis, unha grande festa que se desenvolverá nos pavillóns municipais, comezará ás 17:30h no Milladoiro e ás 18:30 en Bertamiráns. A festa incluirá espectáculos de pompas, aéreos e de luces led. Ademais, de merenda haberá chocolate con rosca. A recepción real desenvolverase ao longo de 90 minutos, no que as nenas e nenos asistentes se poderán fotografar e conversar cos Reis Magos de Oriente.