Pestanas principais

Ames é o cuarto concello máis transparente de toda Galicia e o 96 de España

Mércores, 22 de xullo de 2020

Segundo se desprende da avaliación feita por DYNTRA, que é un auditor/observador social da transparencia e da ética pública, o Concello de Ames conta con 94 de 162 indicadores publicados, polo que que alcanza unha porcentaxe de transparencia de 58.02 sobre 100. A avaliación da transparencia está baseada no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios). Tendo en conta estes datos, Ames é o cuarto Concello máis transparente de Galicia e o ocupa o posto 96 en toda España. A avaliación feita por Dyntra está dividida en 6 apartados, nos cales o Concello de Ames obtén a seguinte puntuación: en Transparencia municipal 58%; Participación e colaboración cidadá 58%; Transparencia económico – financeira; Contratación de servizos 56%; Urbanismo e obras públicas 60 %; e Open Data 0%.  

Un dos puntos fortes do novo web municipal, posto en marcha en xuño de 2019, é a aposta por potenciar os contidos de transparencia para cumprir cos índices de transparencia da organización Transparencia Internacional. Estes contidos están tanto no apartado de Transparencia coma no de Organización municipal, non só fornecendo os contidos, senón tratando de estruturalos da maneira máis clara posible, facéndoos doadamente accesibles aos usuarios/as.

Existen diferentes apartados con buscador como o de Normativa municipal (onde se poden atopar os bandos, ordenanzas, regulamentos e outros), así como o apartado de Resolucións xudiciais. Tamén existen outros apartados que aportan información sobre contratos, convenios, actas dos órganos municipais (Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións informativas), subvencións e axudas, información orzamentaria, orzamentos abertos, consulta pública, procesos selectivos, bolsas de traballo, ofertas de emprego público, grupos políticos, etc.

A concelleira de Transparencia, Vanessa Vidal, destaca que para coñecer o nivel de transparencia do Concello de Ames fixemos unha avaliación no portal Dyntra. Podemos dicir que o resultado é moi bo, xa que Ames é o cuarto Concello máis transparente de Galicia e o ocupa o posto 96 en toda España. A transparencia é moi importante para este goberno municipal. Queda demostrado coa creación do Portal de Transparencia en 2015. Ademais, este sitio web mellorouse o pasado ano coa creación e implantación da nova páxina web municipal. Quero destacar o traballo da miña Concellería e tamén da Concellaría de Comunicación, pola adaptación de contidos e as novas melloras feitas no Portal da Transparencia”.

A avaliación feita por Dyntra está dividida en 6 apartados, nos cales o Concello de Ames obtén a seguinte puntuación: en Transparencia municipal 58%; Participación e colaboración cidadá 58%; Transparencia económico – financeira; Contratación de servizos 56%; Urbanismo e obras públicas 60 %; e Open Data 0%. A avaliación da transparencia está baseada no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios).

A evolución cronolóxica da transparencia do Concello de Ames pasou de 16,78% de outubro de 2015 a 57,67% en xullo de 2020. En setembro de 2016 a porcentaxe de transparencia era de 29,45%; en xaneiro de 2018 estaba practicamente igual e era de 29,33%; e en febreiro de 217 baixaba case un punto ata 28,48%. A partir de xuño de 2019 coa implantación da nova páxina web municipal e co novo Portal da Transparencia dita porcentaxe medra considerablemente ata chegar ata o 58% actual.

Apartados avaliados por Dyntra
O apartado de Transparencia municipal, que ten 58,46% de transparencia, está dividido en diferentes apartados coas seguintes porcentaxes de transparencia: información sobre os cargos electos e persoal do Concello (60,61% con 20 de 33 indicadores); información sobre a organización e o patrimonio do Concello (40% con 4 de 10 indicadores); información sobre as normas e institucións municipais (72,73% con 8 de 11 indicadores); planificación e organización do Concello (54,55% con 6 de 11 indicadores).      

O apartado de Participación e colaboración cidadá conta cunha porcentaxe de 57,58%. Neste apartado avaliouse a información e atención ao cidadán que conta cunha porcentaxe de transparencia do 63,64% con 7 de 11 indicadores, e mailo grao de compromiso para coa cidadanía cunha porcentaxe do 54,55% e 12 de 22 indicadores publicados.

No apartado de Transparencia económico – financeira, que conta cunha porcentaxe de transparencia do 59,26%, analizáronse catro subapartados: o índice no que hai 1 de 5 indicadores publicados (20%); transparencia nos ingresos e gastos municipais que conta cunha porcentaxe de transparencia do 80% (4 de 5 indicadores publicados); transparencia nas débedas municipais con 75% de transparencia e 3 de 4 indicadores publicados; e información económica e presupostaria cunha porcentaxe do 61,54% e 8 de 13 indicadores publicados.

No apartado de Contratación de servizos, que dispón dunha porcentaxe de transparencia do 56,25%, avaliáronse os subapartados de procedementos de contratación de servizos, que ten unha porcentaxe de transparencia do 100% con 3 de 3 indicadores publicados; relacións e operacións con provedores e contratistas, que tamén conta cun 100% de transparencia con 2 de 2 indicadores publicados; e contratos, convenios e subvencións, que ten unha porcentaxe de transparencia do 36,36% con 4 sobre 11 indicadores.
 
No apartado de Urbanismo e Obras públicas disponse dunha porcentaxe de transparencia do 60%. Dentro deste apartado destacan os subapartados de plans de ordenación urbana e convenios urbanísticos cun 100% de transparencia (4 de 4 indicadores); decisións sobre recalificacións e adxudicacións urbanísticas cun 50% (1 de 2 indicadores); anuncios e licitacións de obra pública cun 75% (3 de 4 indicadores); información sobre concorrentes, ofertas e resolucións cun 100% (2 de 2 indicadores); seguimento e control da execución de obras cun 40% (2 de 5 indicadores); indicadores sobre urbanismo e obras públicas conta cun 0% de transparencia con 0 de 3 indicadores publicados.  

Por último, dicir que o Concello de Ames non cumpre o apartado de Open Data ao non ter publicados a maior parte dos documentos en formato aberto e ao non existir unha plataforma open data. Neste senso a concelleira de Transparencia, Vanessa Vidal, indica que “seguiremos traballando mellorando o Portal da Transparencia para estar na vangarda da transparencia”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames, a cuarta vila más transparente de Galicia segundo datos Dyntra"

Revista Ames Go: "Ames é o cuarto concello máis transparente de Galicia"

Imaxe da avaliación feita en Dyntra

Multimedia

  • Imaxe da avaliación feita en Dyntra
  • Ames é o cuarto concello máis transparente de toda Galicia
  • Ames é o concello número 96 en transparencia de toda España