- Tematica
Concello de Ames continúa coa súa programación de actividades polas festas de Nadal, desta volta coa estrea dun tren que percorrerá os días 3 e 4 de xaneiro as rúas de Milladoiro e Bertamiráns, unha actividade enmarcada na programación da Gran Festa de Reis. Este servizo de tren, totalmente gratuíto, estará dispoñible en ámbalas vilas o venres pola tarde de 17.00 a 19.30, e o sábado pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde de 17.00 a 19.30 horas. Cómpre destacar que o sábado pola tarde, en Bertamiráns, o tren terá un percorrido alternativo pola coincidencia co mercado.
Ames segue ofrecendo diferentes propostas de ocio para pasar o Nadal en familia. En días previos á chegada dos Reis Magos, os nenos e nenas de Ames poderán amenizar a súa espera co Tren do Nadal que percorrerá os núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns o venres 3 e o sábado 4.
Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explicou que con esta iniciativa “seguimos aumentando as propostas de Nadal para dinamizar o comercio e hostalaría local para que todas as familias e nenos e nenas de Ames poidan gozar dunha xornada divertida e diferente”.
Percorridos e horarios do Tren de Nadal
Este servizo de tren poñerase en marcha o venres 3 de xaneiro nas dúas localidades, establecendo a primeira saída ás 17.00 horas e finalizando coa última ás 19.30. No caso do sábado 4, tamén en ambas vilas, o servizo estará dispoñible pola mañá, tendo a primeira saída ás 11.00 horas e a última á 13.30, e pola tarde coa primeira viaxe ás 17.00 horas e a última ás 19.30.
O percorrido establecido para o servizo de tren en Milladoiro comezará na parada de bus do Centro de Saúde, que será o lugar de subida e baixada de pasaxeiros, continuando pola Travesía do Porto – Rúa Pardiñeiros – Agro do Medio – Rúa de Abaixo – Raxoeira – Rúa Anxeriz – Rúa Pardiñeiros – Agro do Medio – Rúa Agro da Madalena – Rúa Cereixos – Travesía do Porto, onde finalizará o percorrido no punto inicial de saída.
En Bertamiráns, o servizo de tren para a tarde do venres e a mañá do sábado, comezará no punto de subida e baixada de pasaxeiros establecido na parada de bus Rúa Alcalde Lorenzo, continuando pola Avenida da Maía – Avenida da Peregrina – Travesía da Peregrina – Rúa Rueiro – Rúa do Pedregal – Avenida da Maía – Rúa Alcalde Lorenzo – Entrerríos – Rúa Ameneiral – Avenida da Maía – Rúa Pesqueiras – Rúa Entrerríos – Rúa Agrelo.
Cómpre destacar que o sábado pola tarde, en Bertamiráns, debido á coincidencia co mercado de rúa, o Tren do Nadal terá unha pequena variación no seu percorrido, establecendo a seguinte ruta: Avenida da Maía – Avenida da Peregrina – Travesía da Peregrina – Rúa Rueiro –Rúa do Pedregal – Avenida da Maía – Rúa Pesqueiras – Rúa Entrerríos – Rúa Agrelo.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Los Magos adelantan su llegada a Ames, que cuenta con tren navideño"
El Correo Gallego: "Ames estrea un tren de Nadal co que agardar a chegada dos Reis"