Pestanas principais

O alumnado do IES Milladoiro gaña coa regueifa máis diversa e a máis reivindicativa no Certame Enreguéifate

Martes, 22 de xuño de 2021

Na categoría "Escolar" do Certame Enreguéifate gañaron dous vídeos do alumando do IES do Milladoiro de Ames. Como a regueifa máis reivindicativa, gañou Rimas Coma Balas co vídeo "Exprésate Rimando" e como regueifa diversa, conseguiu o premio Pitifláuticos co título "Nós Queremos Igualdade". Participaron vídeos chegados dende Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas e Tordoia. Este foi o resultado das votacións que podedes ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda.

De 42 vídeos presentados ao Certame Enreguéifate, 4 deles chegaban dende Ames. Dous deles foron gañadores na categoría escolar. Como a regueifa máis reivindicativa, gañou Rimas Coma Balas co vídeo "Exprésate Rimando" e como regueifa diversa, conseguiu o premio o alumando do IES Milladoiro baixo o nome Pitifláuticos, ca regueifa titulada "Nós Queremos Igualdade".

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

Nesta edición, malia continuar nun ano golpeado pola pandemia e as restricións pertinentes, presentáronse un total de 42 vídeos, 36 na categoría escolar e 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia.

O xurado estivo composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela (rapeira, filóloga e regueifeira). Como cada ano, escollerán as regueifas gañadoras de seis premios en cada unha das categorías: Regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.

Este foi o resultado das votacións que podedes ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda:

  • Categoría Xeral

A máis diversa: Chaminho e Arrieiro - "Koruño vs. Rural"
A máis reivindicativa: As Canosa - "Máxico é o galego"
A máis brava: Regheifeiras da Pontragha - "Practicando para o "vrau""
A máis aguda: Patty e Iván - "Trocando roles"
A mellor falada: Xurxo Souto e Oscar o Arrieiro - "Torgho de Bergantiños"
A mellor cantada: Os irmáns Tato - "Regueifando co protocolo"

  • Categoría Escolar

A máis brava: Patakas Bravas - "A guerra do bonito"
A máis aguda: As Marías do Lamas - "As Marías"
A máis diversa: Pitifláuticos - "Nós queremos igualdade!!!"
A máis reivindicativa: Rimas coma balas - "Exprésate rimando"
A mellor falada: 21 garabullos - "A regueixeira"
A mellor cantada: Dúas moi galegas - "Sons da aldea"

Enreguéifate
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado e, nesta edición especialmente, o fornecementos de diferentes recursos audiovisuais que calquera pode atopar na web do certame e na súa canle de Youtube.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A rapazada eleva ata a categoría de potencia mundial á regueifa amesá"

La Voz de Galicia: "Enreguéifate premia as doce mellores improvisacións"

Enreguéifate 2021

Multimedia

  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for
  • Embedded thumbnail for