Pestanas principais

Ames Radio organiza este martes, 16 de maio, un debate entre seis dos sete candidatos/as á alcaldía do Concello de Ames

Luns, 15 de maio de 2023

Seis das sete forzas políticas que concorren ás eleccións municipais do próximo 28 de maio daranse cita no debate electoral que Ames Radio organiza este martes, 16 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As cabezas de lista e candidatas a alcaldía de Ames, Blas García (PSdeG – PSOE); Oliva Agra (Partido Popular); David Santomil (BNG); Vanessa Vidal (Podemos); Luísa Feijóo (Espazo Común); e Andres Pena (VOX), confirmaron a súa presenza nun debate que será retransmitido por Ames Radio e tamén en streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames. O debate será aberto ao público en xeral. O candidato de Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) declinou a invitación de Ames Radio a participar no mesmo.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este martes, 16 de maio, a partir das 19.00 horas, un debate entre seis dos sete candidatos/as á alcaldía do Concello de Ames. O debate será aberto ao público en xeral.

Participarán as cabezas de lista e candidatas a alcaldía de Ames: Blas García (PSdeG – PSOE); Oliva Agra (Partido Popular); David Santomil (BNG); Vanessa Vidal (Podemos); Luísa Feijóo (Espazo Común); e Andres Pena (VOX).

O debate estará estruturado en seis bloques
O debate estará estruturado en seis bloques. No primeiro e último, as cabezas de lista de cada formación terán un minuto de intervención para unha exposición inicial e unha final.

Na parte central do debate, abordaranse catro áreas: unha primeira sobre Economía e Emprego; unha segunda sobre Educación e Cultura; unha terceira que tratará sobre Servizos Sociais e Saúde; e unha última sobre Obras, Servizos e Infraestruturas. Os/as candidatos e candidatas contarán cun tempo de dous minutos para a exposición e debate de cada temática.

As instalacións de Ames Radio acolleron esta mañá a realización do sorteo para establecer a orde de intervención de cada candidato/a nos diferentes bloques establecidos no debate.

Retransmisión do debate
O debate electoral poderá seguirse a través de Ames Radio (107.2FM ou www.amesradio.gal) e a través da canle de Youtube do Concello de Ames. O propio día do debate poderase acceder a esta canle a través dun banner fixo situado na cabeceira da páxina web municipal: www.concellodeames.gal.

O debate quedará gravado, polo que as persoas que non o poidan seguir en directo, poderán velo e escoitalo na Canle de Youtube do Concello e na páxina web de Ames Radio https://amesradio.gal/.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Veciños teenses da Baiuca e Ames Radio divulgan entrevistas cos seus candidatos"

AMS GO!: "Ames Radio acolle un debate electoral con seis candidatos á alcaldía de Ames"

Cartaz do debate electoral