[26-11-2011] O Pleno da Deputación de Coruña aprobou esta mañá unha modificación de crédito superior a 1,2 millóns de euros debido ao remanente de gasto corrente e ás baixas por anulación de proxectos. Do importe total beneficiáronse un total de 25 proxectos de varios concellos, entre os que están o de Ames.
Un dos puntos aprobados durante o pleno celebrado hoxe na institución provincial foi o referido a ese expediente de modificación de créditos dentro do presuposto actual por un importe de 1.255.249,32 euros. Este importe conseguiuse mediante fondos de remanente para gastos xerais máis o presuposto resultante de baixas ou anulación de outros proxectos estipulados.
Foron os concellos os que presentaron as súas propostas, que se aprobaron na súa totalidade por unanimidade dos grupos do pleno da Deputación. Entre os concellos con proxectos que se beneficiarán desta medida está o de Ames, no que se repartirán 400.000 euros para varias obras en vías públicas municipais e camiños.