Pestanas principais

Ames reivindica a súa multiculturalidade a través da publicación “A Historia Viva de Ames. Museo das Migrantes”

Venres, 26 de marzo de 2021

O Concello de Ames presenta mañá, sábado 27 de marzo, ás 20:00h no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, “A Historia Viva de Ames. Museo das Inigrantes”, unha publicación realizada colectivamente baixo a dirección da artista Angélica Dass, a coordinación de 7H Cooperativa Cultural e a participación de once veciñas e veciños do municipio con raíces en Brasil, Colombia, Cuba e Venezuela. A Concellaría de Benestar e Igualdade edita, en colaboración cao Deputación de A Coruña e 7H, esta publicación artística contra a xenofobia e o racismo que recolle as historias de veciños e veciñas do municipio procedentes de diversas partes do mundo.

O xornal, cunha edición de 2.050 exemplares, procura representar as múltiples identidades que constrúen a idiosincrasia de Ames mediante un relato visual construído, como se dunha exposición impresa se tratase, a partir de diferentes imaxes de obxectos, paisaxes, documentos e personaxes.

Nelas plásmanse as historias de vida e experiencias cotiás que as persoas implicadas no proxecto compartiron ao longo de diferentes sesións virtuais, celebradas entre novembro e decembro de 2020, coa creadora Angélica Dass, quen deseñou a proposta creativa co obxectivo de reivindicar a riqueza da diferenza e combater a xenofobia.

O resultado son 64 páxinas que convidan a reflexionar sobre os estereotipos arredor do propio e o alleo. Diferentes lembranzas gardadas en arquivos persoais e álbums familiares dialogan coa cotiandade das participantes a través de palabras e de instantáneas realizadas por elas mesmas e polo equipo de 7H, amosando experiencias e saberes compartidos.

A presentación pública do proxecto correrá a cargo de Luisa Feijóo, concelleira de Benestar Social e Igualdade de Ames, a creadora Angélica Dass, quen intervirá a través de videochamada, e das participantes. Tamén estará presente o equipo de 7H Cooperativa Cultural, quen coordinou o proceso de creación da publicación no marco de Transmutar Camiños, un proxecto de experimentación artística financiado pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e no que diferentes creadoras dirixiron cadansúa acción nos concellos de Ames, Brión, Teo e Vedra.

A concelleira de Benestar Social, Luisa Feijóo, agradece a PH7 esta iniciativa “que da visibilidade ao que é o Concello de Ames, “un concello cuxa riqueza basease nunha boa medida na multiculturalidade e no que aprendemos uns dos outros, porque onde outros ven problemas, nos o que vemos é una riqueza inmensa”. Luísa quere agradecer tamén a todos os veciños e veciñas que participaron neste proxecto “que representa á perfección a todas as persoas que elixiron Ames para vivir e que coa súa presenza, a súa cultura e a súa singularidade nos enriquecen como comunidade”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O Concello vai presentar unha publicación de 7H sobre os novos amesáns"

A historia Viva de Ames

Multimedia

  • Detalle dunha das páxinas da publicación
  • Detalle dunha das páxinas da publicación
  • A Historia Viva de Ames