Pestanas principais

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

Luns, 21 de setembro de 2020

Hoxe, 21 de setembro, é o Día Mundial do Alzheimer. Por este motivo, estar tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, súmase así a convocatoria realizada pola Confederación Española de Alzheimer, coa pretensión de facer visible as consecuencias directas e indirectas que ten esta enfermidade. O edificio administrativo tinguirase de verde mostrando o seu apoio ás reivindicacións propostas pola CEAFA.

Conmemoración virtual
Este luns 21 de setembro, ás 17.00 horas, a Confederación Española de Alzheimer vai realizar unha xornada virtual para conmemorar o Día Mundial de dita enfermidade. A Presidenta de CEAFA, Cheles Cantabran, xunto con expertos da área sanitaria e social, abordarán temas como o estado actual da Lei de Dependencia, as consecuencias da COVID-19 nas persoas con Alzheimer e o seus familiares e coidadores. A participación é de balde e ten un aforo de 500 participantes. Para rexistrarte nesta xornada debes premer nesta ligazón.

A Dependencia fóra da Lei
Baixo o lema de 2020; `A Dependencia fóra da Lei´ a Confederación Española de Alzheimer pretende reivindicar os aspectos específicos e medidas que a lei debe articular para mellora a atención ás persoas que sofren esta enfermidade, así como outras demencias.  

CEAFA insta a reflexionar e actuar fronte aos baleiros legais existente relacionados co Alzherimer. Considera que se debe valorar, recoñecer e outorgar os beneficios da Lei de promoción da autonomía persoal e atención á dependencia dende o momento do diagnóstico, independentemente da fase da enfermidade.

Ademais, a Confederación reivindica que, á hora de desenvolver as sesións de valoración, deberían establecerse mecanismos específicos que se centraran no estudio non só do paciente, senón tamén do seu coidador principal.

Vídeo promocional da Campaña do Día Mundial do Alzheimer 2020.

Novas relacionadas:

El Correo Galego: "Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer"

Cartel campaña Alzheimer.

Multimedia

  • Cartel 1 campaña Alzheimer.
  • Cartel 2 campaña Alzheimer.