Pestanas principais

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

Martes, 20 de setembro de 2022

O 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, evento instituído pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado por Alzheimer's Disease Internacional (ADI) en 1994. Por este motivo, mañá durante a tarde – noite, a Casa do Concello iluminarase de cor verde coa intención de ser partícipes na campaña de sensibilización desta enfermidade. Baixo o lema “InvestigAcción. No itinerario da demencia”, a Confederación Española de Alzheimer expón as súas reivindicacións e propostas con motivo do Día Mundial do Alzheimer 2022. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, súmase á convocatoria realizada pola Confederación Española de Alzheimer, coa pretensión de facer visible as consecuencias directas e indirectas que ten esta enfermidade. A Casa do Concello iluminarase de cor verde mostrando o apoio do Concello de Ames ás reivindicacións propostas pola CEAFA.

Baixo o lema “InvestigAcción. No itinerario da demencia”, a Confederación Española de Alzheimer expón as súas reivindicacións e propostas con motivo do Día Mundial do Alzheimer 2022. O eixo central destas reivindicacións e propostas céntrase na investigación.

Segundo a Real Academia da Lingua Española confire tres entradas ao termo "investigar":
-Indagar para descubrir algo.
-Indagar para aclarar a conduta de certas persoas sospeitosas de actuar ilegalmente.
-Realizar actividades intelectuais e experimentais de modo sistemático co propósito de aumentar os coñecementos sobre unha determinada materia.

A CEAFA interésalle a primeira e terceira acepción do termo investigar, pois están vinculadas co propósito que se expón para este Día Mundial do Alzheimer 2022, elixindo como lema do mesmo “InvestigAcción. No itinerario da demencia”. Aparentemente, no ámbito da investigación tal como enténdese a nivel xeral, pode parecer que o significado máis apropiado é o terceiro, o cal é certo desde unha perspectiva de investigación biomédica que, ademais de traballar por atopar resultados, busca a xeración de novos coñecementos sobre unha cuestión determinada.

Con todo, non debe esquecerse a primeira acepción (indagar para descubrir algo), porque está na base do que a Confederación concibe por investigación social ou sociosanitaria. Esta é outro tipo de investigación baseada tamén nos principios científicos que rexen os procesos investigadores, que busca principalmente coñecer e analizar a situación na que se atopan as persoas na súa convivencia co Alzheimer para expor alternativas, solucións ou propostas que melloren as súas condicións de calidade de vida.

Xornada presencial/virtual do Día Mundial do Alzheimer 2022
A Confederación Española de Alzheimer (CEAFA) non esquece o seu papel reivindicativo, e por iso o martes día 20 de setembro, ás 11:00 horas, vai realizar unha xornada presencial no Instituto de Saúde Carlos III, Campus de Chamartín que se poderá seguir de forma presencial ou vía streaming Día Mundial Alzheimer 2022 - CEAFA e na que a Presidenta de CEAFA, Mariló Almagro, xunto a expertos da área sanitaria e social contarannos como debe ser a investigación no itinerario da demencia, tanto a investigación biomédica que traballa por atopar resultados como a investigación social e sociosanitaria que busca principalmente coñecer e analizar a situación na que se atopan as persoas na súa convivencia co Alzheimer para expor alternativas, solucións ou propostas que melloren as súas condicións de calidade de vida.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "O Concello de Ames tínguese de verde polo Alzheimer"

Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

Multimedia

  • Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer
  • Ames súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer
  • Embedded thumbnail for