- Tematica
O 2 de xuño celébrase o Día do Doante de Órganos, unha data coa que, baixo o lema “Doar é Amar”, preténdese agradecer a todas as persoas doadoras e ás súas familias, que favoreceron a mellora da calidade de vida das persoas que necesitan un órgano. A Concellaría de Benestar e Promoción da Saúde colabora coa Federación Alcer Galicia tinxindo de verde a Casa do Concello o día 2 de xuño.
España mantense como líder mundial en doazón de órganos 29 anos consecutivos. Galicia, no ano pasado, realizou 328 transplantes de órganos (354 no 2019) dos que 141 son de ril (176 no 2019).
Un ano máis, “Doar é Amar” será o lema que une a todas a entidades de persoas transplantadas. O Día do Doante de Órganos, 2 de xuño, a Federación Alcer Galicia agradece a todas as persoas doadoras e ás súas familias, que favoreceron a mellora da calidade de vida daqueles que que necesitan un órgano.
Luísa Feijóo, concelleira de Sanidade, asegurou que: “Este é un pequeno xesto dende o Concello para agradecer e visibilizar a todas as persoas doadoras e ás súas familias a súa solidaridade, ca que favorecen unha gran mellora na calidade de vida das persoas que precisan dese órgano”.