- Tematica
A karateka de Ames, Olivia Parga, foi convocada por primeira vez a esta fin de semana nunha concentración coa Federación Española de Karate en Andorra. Ademais, a deportista gañou unha medalla de ouro na primeira Xornada da Liga Galega de Karate celebrada en Ferrol o pasado 28 de decembro.
Os deportistas de Ames seguen a sumar logros, desta volta, da man da karateka Olivia Parga que, por primeira vez, foi convocada coa Federación Española de Karate. A concentración, celebrada esta fin de semana en Andorra, formou parte do proxecto ‘Objetivo Selección’, unha iniciativa levada a cabo pola Federación que brinda aos karatekas a oportunidade de coñecer outros deportistas do equipo nacional para seguir aprendendo e formándose.
Ademais, esta oportunidade é un recoñecemento ao traballo e bos resultados da karateka nos últimos campionatos, supoñendo unha ocasión única para mellorar a súa preparación para vindeiras citas deportivas.
Primeira Xornada da Liga Galega de Karate
Por outra banda, Olivia Parga disputou o pasado 28 de decembro, en Ferrol, a primeira Xornada da Liga Galega de Karate 2025, onde acadou unha medalla de ouro na categoría xuvenil feminino -37 kg, en modalidade de kumite. Tras dúas vitorias e unha derrota, a amesá volveu a subir ao máis alto de podio, a pesar do alto nivel da competición. Deste xeito, a karateka segue sumando logros ao seu palmarés e amosando o gran estado de forma no que se atopa actualmente.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Olivia Parga, de Ames a la concentración de la Federación Española"
La Voz de Galicia: "Deportista de Ames a la selección"