Pestanas principais

“Amor, que corte!”, contos e música para crianzas o venres 22 de abril no programa Apego de Ames

Mércores, 13 de abril de 2022

O programa Apego de Ames continúa en abril co espectáculo “Amor, que corte!” A proposta da narradora Iseo, A Moura, para crianzas a partir de 2 anos une contos e música para facernos reflexionar sobre o que é e o que non é o amor e para ir aprendendo a relacionarnos dun xeito respectuoso e gozoso. A actividade terá lugar o venres 22 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18:00 horas. As inscricións, de balde, poderán realizarse dende hoxe ata o 21 de abril, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes,  teléfono de contacto e idade das crianzas.

“Amor, que corte!” é un espectáculo de Iseo, A Moura, unha artista, narradora e música que tamén forma parte doutros proxectos como os grupos de música Sacha na Horta ou Blues do País. Nesta proposta, anima as crianzas e as familias a que descubran e reflexionen sobre o que é e o que non é o amor para relacionármonos de maneira positiva e respectuosa.

A actividade é de balde e as persoas interesadas en participar só teñen que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que indiquen nome e apelidos das asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que as acompañen. O prazo de inscrición está aberto dende hoxe ata o xoves 21 de abril. Non se admitirán inscricións fóra de tempo e as prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes.

A programación infantil con Apego do primeiro semestre de 2022 pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

O programa Apego, actividades, formación e recursos para familias

O programa Apego vai dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade entre 0 e 6 anos. É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia a través de actividades e de recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames. Para ese primeiro contacto poden optar por diferentes vías: cubrir o formulario "Súmate ao Apego" na páxina web apego.gal, escribir a normalizacion@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 662 377 215.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Iseo A Moura aprenderá á rapazada o xeito de relacionarse a través de Apego"

Enfoques: "“Amor, que corte!”, cuentos y música para los más pequeños en Ames"

“Amor, que corte!”, contos e música para crianzas o venres 22 de abril no programa Apego de Ames

Multimedia

  • “Amor, que corte!”, contos e música para crianzas o venres 22 de abril no programa Apego de Ames