Pestanas principais

Ampliación do horario das bibliotecas municipais

Xoves, 02 de maio de 2013

[02-05-2013] Desde hoxe, xoves 2 de maio, as bibliotecas municipais contan cun horario ininterrompido de 08:30 a 21:00 horas de luns a venres e os sábados de 09:00 a 14:00 horas.Esta ampliación, que se aplicará de xeito experimental nos meses de maio e xuño para avaliar a súa efectividade, permitirá reforzar o servizo que ofrecen as bibliotecas municipais de Bertamiráns e Milladoiro especialmente na época de exames, o que permitirá dispoñer da zona de estudos durante un horario máis amplo.