Pestanas principais

Ampliación do prazo de xustificación das axudas da convocatoria de subvencións para promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais e promoción de festas populares (exercicio 2018)

Xoves, 17 de xaneiro de 2019

[17-01-2019] En sesión de Xunta de Goberno Local de 20 de xaneiro de 2019 foi ampliado o prazo de xustificación das axudas da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades culturais levadas a cabo por asociacións culturais durante o exercicio 2018, así como para a promoción de festas populares realizadas durante o ano 2018. De conformidade co acordado, o novo prazo ampliado de presentación de solicitudes remata o día 28 de febreiro de 2019. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os anuncio publicados no BOP.