Pestanas principais

Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras

Martes, 19 de decembro de 2023

A comezos de ano o Concello de Ames realizou unha intervención na Carballeira de Paramuíño, na parroquia de Biduído, para poñer en valor a flora e fauna deste lugar. Dita carballeira atópase nas inmediacións do CEP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído. A través da intervención realizada neste lugar colocáronse varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta macaón, donosiña, curuxa, píntega e peto real). Tamén se recrearon os seres das nosos contos e lendas, como trasgos ou damas. Agora déuselle continuidade a dito proxecto coa incorporación de cinco novas figuras (unha xeneta, bubela, víbora, avelaíña e xoaniña). Está previsto que de cara ao vindeiro ano se sigan colocando novas figuras. A través desta actuación trátase de poñer en valor este lugar e dalo a coñecer entre a veciñanza amesá. A recreación feita na carballeira correu a cargo da empresa amesá Escenoset. As figuras foron colocadas por persoal de Escenoset e do Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, dálle continuidade á iniciativa posta en macha a comezos deste ano na Carballeira de Paramuíño, na parroquia de Biduído. Neste lugar acondicionouse un novo espacio natural que pode ser empregado pola veciñanza amesá para pasear e descansar. Trátase da Carballeira dos Trasgos que se atopa no lugar de Paramuíño, na parroquia de Biduído, que conta cunha extensión de 8.000 metros cadrados. Neste lugar o Concello puxo en marcha un proxecto para recrear a vida que existe nunha carballeira. Deste xeito, resáltase a fauna, a flora e tamén os seres dos nosos contos e lendas, como trasgos ou damas.

A primeira parte desta iniciativa foi posta en marcha no pasado mes de febreiro a través  da cal se colocaron varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta macaón, donosiña, curuxa, píntega e peto real). Tamén se recrearon os seres das nosos contos e lendas, como trasgos ou damas. Agora déuselle continuidade a dito proxecto coa incorporación de cinco novas figuras (unha xeneta, bubela, víbora, avelaíña e xoaniña). As figuras foron colocadas por persoal da empresa amesá Escenoset e do Concello de Ames. Está previsto que de cara ao vindeiro ano se sigan colocando novas figuras.

Para dar a coñecer as novas figuras que foron colocadas esta semana, realizouse unha visita á Carballeira dos Trasgos na que participaron o alcalde, Blas García; o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo; a técnica da Aula da Natureza, Patricia Reboreda; e alumnado de sexto de educación infantil do CEIP Agro do Muíño.

O alcalde de Ames, Blas García, agradeceu o traballo da técnica da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, e do persoal do departamento de Medio Ambiente, e destacou que “este é un proxecto que está tendo moi boa acollida dende a súa posta en marcha a comezos do pasado mes de febreiro, polo que continuamos ampliando con novas figuras e seguiremos o vindeiro ano. Isto é algo de todos os veciños e veciñas do concello, que debemos coidar. Esperamos que a xente continúe vindo a visitar este espazo tan acolledor”.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, destaca que “con esta actuación estamos poñendo en valor un lugar de alto valor ambiental como é a Carballeira de Paramuíño. Co acondicionamento deste espazo preténdemos que a veciñanza desfrute dos espazos naturais do concello e que coñeza novos lugares dentro do noso municipio. Queremos animar a todos os veciños e veciñas a que se acheguen ata esa carballeira, que a desfruten e a respecten. Non debemos esquecer que é un espazo de todos”.

A técnica da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, explica que “trátase dun espazo inspirado nun libro de Suso Cubeiro, que fai unha descrición dunha fraga na que o que destacan son as plantas e os animais. Esta é unha carballeira que pretende servir como espazo de esparexemento, como antigamente se facía. Queremos que os pequenos se queden con esa imaxe dos animais ligados a un espazo e a un ecosistema, que coñezan a función da carballeira e que se divirtan na natureza e coa natureza”.

Eixos do proxecto
O proxecto contempla tres eixos estruturais que son a eliminación de eucaliptos de xeito paulatino para non alterar a cantidade de luz no chan; a realización de podas e rozas selectivas (o material de poda irase acumulando en pequenos montículos para que servirán de micro-hábitat a multitude de insectos e vermes); e plantación de novos carballos co fin de manter con vida dita carballeira.

O proxecto tamén ten unha clara vertente educativa xa que dun xeito sutil trátase deixar a sinal da enorme variedade de vida que alberga un ecosistema facendo visible a fauna e a flora e que serva como aviso do que se perde cando estes desaparecen como ocorre cando se tala unha finca chea de carballos centenario e se plantan nela outras árbores como poden se pinos ou eucaliptos.

Esta é a segunda parte do proxecto ao que se lle pretende dar continuidade o próximo ano dotando á carballeira con máis contido. O obxectivo é ir engadindo novos elementos de xeito paulatino.

Por outra banda, o obxectivo é que a veciñanza volva a desfrutar das carballeiras coma se facía antes que eran un espazo de convivencia, de xogo, de celebración de festas e de encontro. A intención é non poñer estruturas artificiais de xogo senón que os rapaces, rapazas e persoas adultas empreguen os elementos da contorna para xogar e descansar.

Pídese coidar e respectar os elementos colocados
Dende o Concello convídase a veciñanza a coidar e respectar os elementos que se colocaron en dita carballeira porque trátase dun espazo que é para desfrute de todos e todas.

A recreación feita na carballeira correu a cargo da empresa amesá Escenoset. O director artístico de Escenoset, X. Méndez, en colaboración coa responsable da Aula Natureza, Patricia Reboreda, déronlle forma a recreación feita co obxectivo de visibilizar elementos comúns da vida que existe debaixo dos carballos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A Carballeira dos Trasgos gaña habitantes e afiánzase como espazo de ocio en Ames"

Lindieros: "Ames amplía a Carballeira dos Trasgos"

Ames Go: "Cinco novas figuras para a Carballeira dos Trasgos"

Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras

Multimedia

  • Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras
  • Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras
  • Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras
  • Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras
  • Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras
  • Amplíase a Carballeira dos Trasgos con cinco novas figuras