Pestanas principais

Amplíase o prazo para presentar solicitudes á convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e asociacións deportivas ata o 30 de novembro de 2012

Martes, 06 de novembro de 2012

[06-11-2012] En cumprimento do acordado na Xunta de Goberno Local celebrada o 5 de novembro de 2012 o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de axudas para promoción de actividades levadas a cabo no 2012 por clubs e asociacións deportivas amplíase ata o 30 de novembro de 2012. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello.