- Tematica
Estas axudas foron aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado 23 de decembro de 2020. O Concello concede estas subvencións co obxectivo de apoiar economicamente a realización de actividades, infraestruturas e investimentos levadas a cabo por estas entidades educativas.
Das actividades realizadas durante o ano 2018, a concellaría de Educación concedeu 16.088.5 euros distribuídos do seguinte xeito: A ANPA do CEIP Agro do Muíño concédenselle 2.121,21 euros; a ANPA da Escola Infantil A Madalena, 750 euros; A ANPA do CEIP A Maía, 2.065,3 euros; a ANPA As Brañas do CEP de Ventín, 3.000 euros; a ANPAMILLA, do IES do Milladoiro 1.565,54 euros; a ANPA do IES Plurilingüe de Ames, 3.000 euros; a ANPA Millapeques, da Escola Infantil do Milladoiro, 1.586,22 euros; e a ANPA San Mauro, do CEIP de Barouta, 2.000 euros.
Por outra banda, da anualidade 2019, concedéronse axudas por valor de 16.733,24 euros. A ANPA do CEIP Agro do Muíño recibirá 1.316,24 euros; a ANPA da Escola Infantil A Madalena, 750 euros; a ANPA do CEIP A Maía, 1.667,10 euros; a ANPA As Brañas do CEP de Ventín, 3.000 euros; a ANPAMILLA, do IES do Milladoiro 3.000 euros; a ANPA do IES Plurilingüe de Ames, 3.000 euros; a ANPA Millapeques, da Escola Infantil do Milladoiro, 2.000 euros; e a ANPA San Mauro, do CEIP de Barouta, 2.000 euros.
Deste xeito, o importe total das axudas a ANPAS con cargo ao orzamento 2020 ascendeu a 32.821.74 euros.
O concelleiro de Educación, David Santomil, explica que “estas axudas bianuais permiten regularizar as convocatorias de subvencións das actividades realizadas polas ANPAS e dotalas de liquidez para programar novas actividades nos centros escolares, que agardamos poidan volver a realizarse o antes posible e cando a situación sanitaria o permita”.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Ames aprueba 32.000 euros para gastos de las Anpa durante el 2018 y el 2019"