Pestanas principais

Antía Lourido, do club Ágora, clasificada para o Campionato Nacional de Patinaxe Artística

Mércores, 09 de xuño de 2021

A patinadora amesá Antía Lourido Villasenín, do club Ágora,  acadou a terceira posición no Campionato Galego de Patinaxe Artística libre celebrado os días 5 e 6 de xuño en Ribeira. A deportista clasificouse  no Campionato de España que terá lugar os días 1 e 2 de xullo en Tarragona.

Ribeira recibiu, a fin de semana do 5 e do 6 de xuño, ao/as mellores patinadore/as artístico/as galego/as que disputaron a súa clasificación para o vindeiro Campionato de España.

O club amesá Ágora estivo representado por Antía Lourido, quen conseguiu subirse ao pódium. Lourido aseguraba así a súa participación no Campionato Nacional de Patinaxe Artística Libre que terá lugar os días 1 e 2 de xullo en Cunit, Tarragona. Ata a cidade catalana se desprazará ca súa adestradora, Carla Iglesias Del Salvador ,e os demais membros da Federación Galega.

Antía Lourido, do club Ágora, clasificada para o Campionato Nacional de Patinaxe Artístico

Multimedia

  • Antía Lourido, do club Ágora, clasificada para o Campionato Nacional de Patinaxe Artístico