Pestanas principais

Anuncio de convocatoria para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames

Luns, 10 de decembro de 2012

[10-12-2012] O Concello de Ames informa de que co fin de proceder á elección de xuíz/a de paz substituto/a deste municipio, en cumprimento do establecido na Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do poder xudicial, ábrese a convocatoria para a elección de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames. Todas as persoas que estean interesadas en participar nesta convocatoria deben presentar as súas solicitudes nun prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Este anuncio tamén se publicará nos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web municipal.

Os solicitantes deben cumprir uns determinados requisitos: ser español/a; ter dezaoito anos de idade; non ter acadada a idade de xubilación na carreira xudicial; declaración xurada de non estar incapacitado/a para o exercicio da carreira xudicial; declaración xurada de non estar incurso/a en causa de incompatibilidade e no suposto de estar incurso/a, coa excepción de actividades profesionais e mercantís, compromiso de optar polo posto de xuíz/a de paz substituto/a do Concello de Ames.

Ademais deben achegar a seguinte documentación (as solicitudes dirixiranse ao alcalde presidente do Concello e estarán acompañadas da seguinte documentación, que terá carácter de orixinal ou copia compulsada): DNI; partida de nacemento; certificado do Rexistro Central de penados e rebeldes; declaracións xuradas ás que se fai referencia no punto anterior; e relación e documentación acreditativa dos méritos alegados.

Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar o anuncio desta convocatoria.